Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

INFORMACIÓN SOBRE O HORARIO

Desde o Equipo Directivo queremos informarvos de que non foi publicado o horario de Outubro xa que se vai celebrar mañá un Consello Escolar extraordinario que vai tratar como único punto:

Solicitude extraordinaria de aprobación de reaxuste horario temporal na actual situación sanitaria.

A instancias de Inspección Educativa o órgano de representación de familias, persoal non docente, Concello e mestr@s  debaterá sobre a necesidade de reaxustar o horario á situación sanitaria actual.

O Plan de Adaptación á situación Covid que se adoptou no centro establece numerosas medidas que contribúen a facer deste espazo un lugar o máis seguro posible. A solicitude deste reaxuste horario suporía unha medida máis a adoptar nesta liña na que o obxectivo claro é minimizar o risco sanitario.

XUNTANZA FAMILIAS PARA INFORMACIÓN SOBRE O PLAN DE ADAPTACIÓN COVID-19 E O INICIO DE CURSO

Xa temos datas para vernos e poder dar as primeiras informacións sobre o comezo deste especial curso escolar.

A proposta é facer as xuntazas presenciais no centro xa que, por un lado poderedes coñecer as novas titoras en persoa e por outro é moita a información a trasladarvos e queremos que teñades oportunidade de aclarar todas as dúbidas que se vos poidan presentar.

Dividiremos as reunións en dúas partes:

- Na primeira parte estará o equipo directivo informando do Plan de Adaptación á situación COVID-19.  

- Na segunda parte as titoras trasladarán información concreta de aula (funcionamento, materiais...).

Ademáis aproveitaremos para trámites que requerían da vosa presenza: entrega de vales de material, recollida de datos, sinatura de autorizacións... Precisaremos, de feito, que traiades o número de DNI das persoas que queirades autorizar para a recollida no centro do vos@ fillo/a.

Debemos extremar ao máximo as medidas hixiénico sanitarias polo que solicitamos a vosa colaboración no respeto das seguintes indicacións:

  • Só poderá acceder unha persoa adulta por familia.
  • As familias que teñan vari@s irmáns escolarizados deberán asistir ás reunións de cada curso, xa que haberá cuestións específicas de cada un deles.
  • Pregamos puntualidade e atención ao respeto polas entradas indicadas no cadro de información. Á hora indicada da xuntanza na porta acordada para cada grupo chamarase por orde de lista para o acceso ao centro.
  • Pregamos respecto polas distancias de seguridade e medidas de hixienización.
  • IMPORTANTE: traer un bolígrafo de uso persoal e individual.

turnos xuntanzas familias

 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID19

Queda no lateral esquerdo desta páxina, no bloque de COVID-19, o documento "Plan de adaptación á situación COVID19"

BENVIDA AO NOVO CURSO

 

Benvidas e benvidos a tod@s a este novo curso.

Como equipo docente queremos darvos a benvida a este curso 2020/21, que sabemos vai estar cheo de incertezas, pero no que vimos con forza e ganas de afrontalo da mellor maneira posible e sempre co benestar das nenas e nenos como prioridade. 

Un curso que iniciamos tamén coa seguridade de que a vosa colaboración e o entendemento entre todas as persoas que formamos parte desta comunidade educativa vai ser máis necesario que nunca.

Levamos semanas traballando nos protocolos, na adaptación do centro á nova situación, e reuníndonos con diferentes sectores da comunidade educativa (ANPA, Concello, transporte...). 

Onte ás 6 da tarde saíron as novas instruccións por parte da Consellería de Educación despois da Conferencia Sectorial de Educación do 27 de agosto. Polo que hai aspectos aínda por pechar dependentes do que se derive desta nova adaptación do Protocolo da Consellería.

En canto poidamos iremos ofrecendo información a través das canles de comunicación que se empregarán. De momento en funcionamento "Páxina Web" e "Abalar Móbil", das que vos pedimos que esteades pendentes.

Recibide un agarimoso saúdo e informaremos de novas en breve.

Listaxe definitiva convocatoria Fondo Libros

Queda publicada no taboleiro a listaxe definitiva da convocatoria de Fondo libros para os niveis de 3º, 4º e 6º.

Axudas Material e Fondo Libros

Desde hoxe queda publicada a listaxe de AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR no taboleiro interior do centro. De acordo coas instruccións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e coa Lei de Protección de datos non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutros medios. As persoas que presentáchedes a solicitude de maneira telemática podedes consular a resolución a través da aplicación.

RECORDADE:

1. Esta axuda é só para o alumnado de Primaria.

2. O alumando de 1º e 2º participa na convocatoria "Axuda Libros" (o alumando beneficiario recibirá un cheque nominativo para a compra de material e de ser o caso para os libros que se precisen).

3. O alumando de 3º,4º e 6º participa da convocatoria Fondo libros e ao cheque de material (ambas listas expostas no taboleiro do centro). O xoves día 9 publicaremos a Listaxe Definitiva de solicitudes.

4. O alumando de 5º formará parte do programa de Educación Dixital da Consellería "E-DIXGAL", e disporá en setembro dun ordenador persoal en réxima de cesión. Optarán tamén ao cheque de axuda para a compra de material escolar.

O reparto de cheques para a axuda a material escolar, así como o das Axudas libros e as existaencias de Fondo Libros repartiranse en setembro, unha vez feita a adscrición do profesorado (Primer Claustro do curso).

 

Listaxe provisional admitidos Fondo solidario de libros de texto

Según a orde do 12 de maio de 2020(DOG do 19/05/2020) procedemos a publicar a listaxe provisional de adxudicación de libros de texto para alumando de 3º, 4º e 6º de primaria. Todas as solicitudes presentadas foron admitidas, podedes ver a listaxe no taboleiro do centro. En dous días publicaremos a listaxe definitivas.

 

Ata setembro

Rematou o curso e non podemos marchar sen despedirnos de todas vós. Coidádevos moito, vémonos en setembro!

Regularización erros axudas extraordinarias comedores COVID-19

Habida conta que hai incidencias en familias que tramitaron esta axuda económica vía telemática e as que non lles foi ingresado ningún pago.
Ábrese un prazo para emendar erros nestas solicitudes. As familias deberán porse en contacto co centro a partires de hoxe 29 ata o venres 3 de xullo.

RECOLLIDA HISTORIAL ACADÉMICO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.

A partir do próximo luns 29 de xuño poderedes pasar a recoller no centro o historial académico do alumnado de 6º de Educación Primaria. De non poder facelo o pai/nai/titores legais, estes poderán autorizar por escrito a outra persoa. Lembrámoslle que o horario de apertura do centro é de 10:00 a 13:30.

Distribuir contido


by Dr. Radut