Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

Regularización erros axudas extraordinarias comedores COVID-19

Habida conta que hai incidencias en familias que tramitaron esta axuda económica vía telemática e as que non lles foi ingresado ningún pago.
Ábrese un prazo para emendar erros nestas solicitudes. As familias deberán porse en contacto co centro a partires de hoxe 29 ata o venres 3 de xullo.

RECOLLIDA HISTORIAL ACADÉMICO 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.

A partir do próximo luns 29 de xuño poderedes pasar a recoller no centro o historial académico do alumnado de 6º de Educación Primaria. De non poder facelo o pai/nai/titores legais, estes poderán autorizar por escrito a outra persoa. Lembrámoslle que o horario de apertura do centro é de 10:00 a 13:30.

TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021

Aberto o prazo para:

  • Solicitude de sevizos complementarios (comedor e transporte escolar) para o curso 2020/2021. Prazo de entrega ata o 17 xullo.
  • Solicitude para participar no proceso de selección de persoal colaborador do comedor escolar para o curso 2020/2021. Prazo de entrega dende o 22 de xuño ata o 10 de setembro.
  • MODELO-IMPRESO AUTODECLARACIÓN DE PREZOS PÚBLICOS, que deberán entregar no centro unha vez cuberto e asinado antes do día 11/09/2020

Xúntanse os seguintes anexos:

  • Circular informativa
  • Modelo solicitude de servizos complementarios
  • Modelo solicitude colaboración comedor
  • MODELO-IMPRESO AUTODECLARACIÓN DE PREZOS PÚBLICOS

MATRICULA CURSO 2020/2021

O prazo para formalización da matrícula de alumnado de nova incorporación ao centro será do 1 ao 10 de xullo de 2020.

Pódese descargar o impreso de matricula e demais documentación nos anexos adxuntos.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • IMPRESO MATRÍCULA
  • 3 FOTOS CARNÉ
  • FOTOCOPIA LIBRO DE FAMILIA DO/A SOLICITANTE E DOS PROXENITORES
  • FOTOCOPIA TARXETA SANITARIA SOLICITANTE
  • CARTILLA DE VACINACIÓN DO/A SOLICITANTE
  • NO CASO DE PROXENITORES SEPARADOS APORTAR SENTENZA XUDICIAL
  • NO CASO DE ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS DE APOIO EDUCATIVO APORTAR DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DE DITA NECESIDADE

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-2021

Publicada a relación de libros de texto para o curso 2020/2021 no taboleiro do centro. No arquivo adxunto a esta información pódese descargar a citada relación.

En previsión de que algún titor/a decida NON empregar libros de texto, dende o centro recoméndase agardar ata setembro para mercalos.

A partir do curso 2020-2021 o centro participará no proxecto de Educación Dixital E-DIXGAL, motivo polo cal o alumnado de 5º Educación Primaria non fará uso dos libros de texto en formato papel, senón que se empregarán ordenadores facilitados pola Consellería a todo o alumnado deste nivel, nos cales están integrados os libros de texto en formato dixital. O alumnado de 5º Educación Primaria no curso 2020/2021 está excluido da participación do fondo solidario de libros texto, non obstante terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

DEVOLUCIÓN LIBROS EN PRÉSTAMO E RECOLLIDA MATERIAL ESCOLAR

Durante o mes de xuño procederase á devolución dos libros en préstamo e recollida de material escolar e demais pertenzas do alumnado de 6º Educación Infantil e Educación Primaria.

Os titores/as poranse en contacto cas familias para concertar data e hora, evitando así aglomeración de persoas no centro debido á situación pandémica que estamos a vivir.

Lémbrase a obrigatoriedade do uso de mascarillas para acceder ao centro.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2020/2021

A Consellería de Educación vén de publicar a Orde do 12 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

 

Prazo de presentación: Do 20 de maio ao 19 de xuño.

 

Lugar de presentación: preferiblemente a través da sede electrónica ou na secretaría do centro (rógase, na medida do posible traer o anexo cuberto da casa).

 

Horario de atención de secretaría: De 10:00 h a 13:30 h.

 

Premede nos documentos adxuntos para ver o resumo da convocatoria e acceder aos anexos.

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

A listaxe provisional de novo alumnado admitido publicarase no taboleiro de anuncios do centro o vindeiro luns 25 de maio.

En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación, polo que de xeito non presencial só poderá ser posible a través da aplicación "admisionalumando".

Ante esta listaxe poderase formular reclamación no prazo de 3 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

VÍDEO do "Refraneiro de Outes, LETRAS GALEGAS 2020"

A continuación, poremos o enlace do vídeo resultante das vosas aportacións para a recompilación de refráns populares galegos, de tradición oral.

Tamén, queremos agradecer a vosa colaboración, posto que doutro xeito non podería levarse a cabo.

Moitas grazas.

Agardamos que vos guste !!!

 https://www.youtube.com/watch?v=XDFEM76fHcY

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS 3º TRIMESTRE CURSO 2019-2020

Seguindo instrucións de INSPECCIÓN EDUCATIVA, procedeuse á revisión dos currículos e das programacións didácticas para o terceiro trimestre do presente curso.

Adxuntanxe as diferentes programacións para Educación Infantil, Educación Primaria e as diferentes especialidades.

Distribuir contido


by Dr. Radut