Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

DÍA DO LIBRO 2020

Grazas á vosa colaboración temos o gusto de presentarvos este fermoso vídeo feito con motivo do Día do Libro.  Moitas grazas polas vosas recomendacións lectoras!

 

PARA ACCEDER AO VIDEO IDE AO ENLACE QUE APARECE DEBAIXO DA FOTO "1 adxunto" E ALÍ PICADE CO BOTÓN DEREITO DO RATO, OU PULSACIÓN LARGA NOS TELÉFONOS/TABLETS EN "dia_do_libro_2020_avi" E "DESCARGAR ARQUIVO ENLAZADO" (é necesario que o descarguedes como vídeo para poder visionalo)

 

Agardamos que vos guste tanto como a nós e que o desfrutedes moito en familia 

23 ABRIL, DIA DO LIBRO

ACHEGA MATERIAL ESCOLAR DO ALUMNADO

Estimadas familias:

 

Comunicámosvos que dende o CEIP de OUTES  e en colaboración co CONCELLO de OUTES, facilitarase o achegamento do material escolar do alumnado de Educación Primaria, e botas, mandilóns e viseras do alumnado de Educación Infantil para aquelas familias que así o desexen e o soliciten.

Para acceder a dito servizo deberán porse en contacto co CONCELLO a través do teléfono 981-85-00-03 facilitando nome, apelidos e curso do alumno/a, así como dirección de entrega e teléfono de contacto.

Temos esperanza de que antes de rematar o curso sexa posible que alumnado e/ou familias poidan achegarse ao centro a recollelo xunto cos traballos dos seus fillos/as, pero dado que polo de agora se descoñece en que momento, facilítase do xeito anteriormente detallado.

 

Un saúdo e esperamos que todos/as vos atopedes ben.

Moito ánimo!!

A DIRECCIÓN

 

BOTÁMOSVOS DE MENOS

Dende o Ceip de Outes queremos agradecer o esforzo que todo o alumnado e familias estades a facer. É tempo de momentos compartidos, ilusión, solidariedade, esperanza, xogos, agarimos e sorrisos en familia.

Estades nas nosas cabezas e corazóns. Botámosvos de menos!!

TODO SAIRÁ BEN!!

 

Pinchar no enlace para acceder ao video:

https://www.youtube.com/watch?v=8f6apGsF7cs

SERVIZO DE IMPRESIÓN DE MATERIAL ESCOLAR CONCELLO DE OUTES

 

O Concello de Outes vén de poñer en marcha un servizo de impresión de material escolar para aquelas familias que o precisen.

Para acceder a este servizo as familias interesadas deberán poñerse en contacto co Concello a través do mail tarefas.outes@gmail.com ou a través do teléfono 981-850-003 en horario de 09:00 a 14:00 h indicando as tarefas a imprimir, dirección de envío e un teléfono de contacto.

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA POR COVID-19

Publicado no DOG do luns 30 de marzo de 2020 a ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemetno ED601B).

 

Dous arquivos adxuntos:

- Orde do 27 de marzo de 2020

- Información para tramitación da petición da axuda

AbalarMóbil - GUIA PDF PARA DESCARGA DA APLICACIÓN

 

AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil.

 

Vistas as instrucións recibidas dende a inspección educativa, informámosvos de que o 2 de abril serán publicadas as cualificacións do alumnado correspondentes á segunda avalicación a través da aplicación "AbalarMóbil". Para acceder ás mesmas deberedes ter descargada nos vosos teléfonos móbiles dita aplicación da Xunta de Galicia.

No arquivo adxunto podedes acceder a unha guia para dita instalación. Se tendes algún problema para instalala podedes chamar ao teléfono: 881-997-701.

Se algunha familia non pode acceder deste xeito, que se poña en contacto co/a titor/a por correo electrónico ou chame ao tleéfono do centro de 10:00 a 13:00 h.

APLAUSO A TODOS OS NENOS E NENAS

CUALIFICACIÓNS 2º AVALIACIÓN

Estimadas familias:

 

Vistas as instrucións recibidas dende a inspección educativa, informámosvos de que o 2 de abril serán publicadas as cualificacións do alumnado correspondentes á segunda avaliación. Para poder acceder ás mesmas deberedes ter descargada nos vosos teléfonos móbiles a aplicación "AbalarMóbil" da Xunta de Galicia, pois ese será o medio no que se vos transmitirán. Se tedes algún problema para instalala, podedes chamar ao teléfono: 881-997-701.

Se algunha familia non pode acceder deste xeito, que se poña en contacto co/a titor/a por correo electrónico ou chame ao teléfono do centro entre as 10:00 e as 14:00 h (881-866-840).

 

Un saúdo.

 

A Dirección

SEGUIMENTO PROCESO ENSINO-APRENDIZAXE

 

ESTIMADAS FAMILIAS,

PRIMEIRAMENTE, DENDE O CLAUSTRO E EQUIPO DIRECTIVO DO CEIP DE OUTES QUEREMOS MANDARVOS MOITO ÁNIMO NESTES DIFÍCILES DÍAS QUE ESTAMOS A ATRAVESAR. QUE O ÁNIMO NON DECAIA, ¡SAIREMOS ADIANTE!

EN SEGUNDO LUGAR, GUSTARÍANOS PEDIRVOS A TODAS AS FAMILIAS QUE NOS VINDEIROS DÍAS VOS PUXÉSEDES EN CONTACTO COS TITORES E TITORAS DOS VOSOS FILLOS/AS EMPREGANDO OS SEGUINTES ENDEREZOS ELECTRÓNICOS QUE VOS RECORDAMOS A CONTINUACIÓN.

 

3anosoutes@gmail.com

4anosaoutes@gmail.com

4anosboutes@gmail.com

5anosaoutes@gmail.com

5anosboutes@gmail.com

primeirooutes@gmail.com

segundoaoutes@gmail.com

segundoboutes@gmail.com

terceirooutes@gmail.com

cuartoaoutes@gmail.com

cuartoboutes@gmail.com

quintooutes@gmail.com

sextoaoutes@gmail.com

sextoboutes@gmail.com

musicaoutes@gmail.com

educacionfisicaoutes@gmail.com

inglesoutes@gmail.com

artsoutes@gmail.com

departamentoorientacionoutes@gmail.com

relixionoutes@gmail.com

 

NESE CORREO ELECTRÓNICO GUSTARÍANOS QUE COMPARTÍSEDES COS TITORES/AS COMO LEVADES ESTE PROCESO DE APRENDIZAXE A DISTANCIA, DIFICULTADES QUE IDES ATOPANDO, MELLORAS OU CAMBIOS QUE PRECISEDES E TODO AQUILO QUE QUEIRADES COMENTARNOS. GUSTARÍANOS SABER ADEMAIS SE OS BLOGUES EDUCATIVOS CREADOS POLO PROFESORADO VOS ESTÁN SENDO DE UTILIDADE, FÁCIL MANEXO OU O QUE CONSIDEREDES OPORTUNO COMUNICARNOS.

POR ÚLTIMO, PEDIRVOS QUE SE COÑECEDES A ALGUÉN QUE NON FAGA USO DESTA PÁXINA WEB POLO MOTIVO QUE SEXA, LLE TRANSMITADES ESTA MENSAXE E LLE FAGADES CHEGAR A NOSA PETICIÓN DE QUE CONTACTEN COS TITORES E TITORAS.

 

MOITAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

UN SAÚDO, 

E UN AGARIMOSO DESEXO...TODO IRÁ BEN!

A DIRECCIÓN E O CLAUSTRO DO CEIP DE OUTES

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut