Skip to Content
CEIP PLURILINGÜE DE OUTES

OBRADOIRO PARA AS FAMILIAS DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

 

Terceira actividade organizada para as familias de 4º, 5º e 6º de primaria, organizada conxuntamente polo centro e a ANPA.

Escrivídenos para reservar praza a: ceip.outes@edu.xunta.gal

Descarga en adxuntos o cartaz.

PROCESO ELECTORAL XORNADA ÚNICA

 

 

 

 

 

INFORMACIÓN XORNADA ÚNICA

 

 O pasado mes de novembro o Consello Escolar votou a favor de iniciar o proceso para tramitar a votación de xornada única. O centro tramitou a solicitude e vimos de recibir de Xefatura Territorial o informe de viabilidade do transporte escolar que o nos permite continuar adiante co proceso.

 

Iniciamos pois, tal e como indica a lexislación,  un periodo de información onde o centro ten a obriga de trasladar e explicar á Comunidade Educativa os cambios que se van producir no caso de cambio de xornada.

 

Estas reunións que imos facer por aulas para evitar aglomeracións celebraranse desde o día 14 ata o día 22 de marzo. No seguinte cadro podedes ver a data que lle corresponde ao voso grupo.


Imagen
É fundamental que participedes do proceso e manifestedes a vosa preferencia o día da votación o 27 de ABRIL Para poder tomar unha decisión e votar informadas é importante asistir ás reunións e poder obter información fiable  para poder decidir sobre a educación das vosas fillas e fillos.

DECIDE INFORMADA

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

NOVO PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO EN CENTROS EDUCATIVOS

 

Achégase documento coa información do novo protocolo de vixilancia e control epidemiolóxico en centros educativos que acaba de publicar a Xunta de Galicia.

 

 

OBRADOIRO PARA AS FAMILIAS DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA

Segunda actividade organizada para as familias de 1º, 2º e 3º de primaria, organizada conxuntamente polo centro e a ANPA.

Escrivídenos para reservar praza a: ceip.outes@edu.xunta.gal

Descarga en adxuntos o cartaz.

PREMIO AO TRABALLO POR PROXECTOS

NOVO PREMIO no VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS de @bescolaresgal realizados durante o curso 2020/2021 baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar.

Este concurso busca estimular, mediante o recoñecemento de boas prácticas, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación da biblioteca ou co apoio desta.

Un novo recoñecemento ao traballo de toda a comunidade, cunha dotación neste caso de 2000€.

SEGUIMOS! E seguimos con moita forza!!

I CARREIRA SOLIDARIA

 

I Carreira Solidaria na que cambiaremos voltas por material escolar a favor de Cruz Roja.

Podedes descargar o cartaz no documento adxunto.

 

PREMIO ÁS BOAS PRÁCTICAS

ESTAMOS DE NORABOA! 

O Ministerio de Educación e Formación Profesional ven de publicar a Resolución do “Concurso Estatal de Buenas Prácticas en centros docentes” no que o noso PDI “Mens sana in corpore sano” foi recoñecido como proxecto de mellora da calidade educativa, e premiado cunha dotación de 10.000€.

 

Moi felices, porque este premio é un gran recoñecemento ao traballo de todo o alumnado e persoal do centro e no que a implicación das familias resultou clave para o seu desenvolvemento. 

 

Seguimos no camiño, moito traballo, pero a ilusión e as ganas son un gran motor! 

NORABOA DE NOVO Á TODA A COMUNIDADE

 

#nobocamiño #somosoutes #pdimenssanaincorporesano

 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/centros-docentes/premios/premios-nacionales-educacion-centros-docentes.html

Distribuir contido


by Dr. Radut