Skip to Content

Animación á lectura

MISIÓN: CORONAVIRUS

No arquivo adxunto deixamos un contiño para ler e colorear cunha importante MISIÓN: ACABAR CO CORONAVIRUS

Queredes formar parte desta misión?

Descargade o arquivo

            Resultado de imagen de flecha

BOAS LECTURAS!


Galicia Le

 
Debido ao peche das bibliotecas, GaliciaLe habilitou un espazo para os empréstitos dixitais.
Deixamos aquí a ligazón para acceder 
BOAS LECTURAS!

https://www.galiciale.gal/

PANDEMIA DE CONTOS

PANDEMIA DE CONTOS

 

O colectivo NOGA (Narración Oral Galega) comparte uns contos con vós para levar mellor #euquedonacasa durante a corentena. 

 

 

Seguídeos nesta canle para máis contos!

 

https://www.youtube.com/channel/UCrVQ7rVWB600JE7zXelPhh

RUXI RETOS

 Ainda estades a tempo de enviar as vosas fotos ou vídeos! Por se non vos gusta debuxar, deixamos un modelo para descargar ou copiar.

Premede AQUÍ para descargalo.

Xa comezaron a chegar as primeiras fotos e vídeos! Grazas a tod@s! 

Os vosos mestres e mestras tamén están a participar. Animádevos!

Nenos e nenas do Ruxidoiro: ATENCIÓN!

MES DA POESÍA CON ROSALÍA

Contamos coas vosas ideas, creacións, aportacións, suxestións. 

#anosabibliomola

#poesíarosalía

#crearosalía

#marzoépoesía

 

CANTAMOS CON SUSA HERRERA!

O pasado martes 3 de marzo contamos coa visita de

Susa Herrera para encher a nosa biblio de música e diversión.


Que ben o pasamos cantando e bailando!

 

As mestras de infantil e primaria tamén bailaron.

Xa son profesionais! 

FUN AO MERCADO...

Saímos do cole para aprender máis cousiñas sobre o

Proxecto "O mercado" que estamos a levar a cabo nas clases de 4º de Educación Infantil.

O luns 2 de marzo, visitamos a Praza de abastos de Ourense, que leva funcionando desde 1924!

Peixe, flores, froita, queixo, lácteos, carne e outros produtos que se poden atopar no mercado. Menos mal que xa merendaramos porque tiña todo moi boa pinta e daban ganas de comelo todo!

 

 

Degustamos os queixos.

Recibimos un clavel de agasallo.

VISITA DE SUSA HERRERA!

O martes, 3 de marzo Susa Herrera visita a nosa biblioteca!

Xa estamos cos preparativos para recibir a Susa na nosa biblio.

Fainos especial ilusión porque coñecemos moitas das súas cancións e escoitala en directo será unha auténtica marabilla.

Queredes coñecer máis do traballo de Susa Herrera?

Mirade cantos libros musicais ten publicado, algúns xunto con Mamá Cabra.

                       

CITA A CEGAS CUN LIBRO!

O alumnado axudante da biblioteca xa ten preparada a CITA A CEGAS CUN LIBRO.

A cegas porque collemos os libros sen saber que hai no seu interior: aventuras, misterio, amor, amizade?

Toda unha sorpresa!

O AMOR está no aire no Ruxidoiro, amor polos libros!

Noraboa aos axudant@s polo traballo!

 

ESTAMOS DE ESTREA!

Seguimos coas xornadas adicadas á inauguración da nosa biblioteca.

Hoxe tocoulles ao alumnado de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.

Os protagonistas para cortar a cinta foron dúas nenas de 6º de Educación Infantil. Que ben o fixeron!

 

Para inaugurar a biblio ao grande visitounos Pablo Nogueira cunha contada dos seus libros "Nube Branca quere ser astronauta" e "A banda de Raimunda". Mirade o decorado que prepararon os voluntarios e voluntarias de 6º. Ademais o alumnado de 6º de Educación infantil prestounos o seu mural dos Planetas. Maiores e pequechos xuntos, un gran traballo en equipo!

 

Os grupos de 1º, 2º e 3º de primaria decoraron estas guitarras para a banda de Raimunda con moito arte, non si?

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut