Skip to Content

Animación á lectura

Versionando portadas de libros

What´s your favourite book?

Preparad@s para o ENTROIDO?

Estamos xa a piques de comezar a nosa semana de Entroido. Seguindo o proxecto de centro de Ruxiverdece, velaí vos deixamos unhas recomendacións por un entroido máis sostible.

O noso planeta vaino agradecer!

E para comezar a troula deixamos os Mandados do Meco para a próxima semana.

FELIZ ENTROIDO!

Escape room con 6º

O alumnado de sexto disfrutou dunha actividade moi divertida. Tiveron que traballar en equipo para resolver todas as pistas para poder rematar o Escape Room. Pasárono xenial! Podedes ver todas as fotos AQUÍ

 

   

Rematamos o curso!

Rematamos o curso da mellor maneira posible, con roteiros pola nosa contorna, despedidas do alumnado de sexto infantil e sexto de primaria e con moitas actividades de animación... Podedes ver todas as fotos e vídeos premendo AQUÍ. Bo verán a todos e todas!

Contacontos con Anxo Moure

          

Despedida de 6º de primaria

      

Despedida de sexto de infantil

Roteiros pola contorna

 

Escape Room con 6º primaria

 

Actividades de fin de curso: maxia, actuacións, globoflexia, tatuaxes, contacontos...

 

Contacontos con Anxo Moure

O venres 18 de xuño, todo o alumnado do centro participou nas sesións de contacontos ofrecidas por Anxo Moure. 

Anxo Moure Mosquera é un escritor, contacontos e ecopacifista galego, coñecido polas súas actividades cómicas e educativas transmitindo o coidado da natureza.​​​ Premede na imaxe para ver todas as fotos.

  As nenas e os nenos disfrutaron co conto "O Nubinete e o paraugas Dameaugas"

"A nena do vestido de flores" con Maruxa e Manuel

  

“A Nena do Vestido de Flores” é unha novela xuvenil na que a súa protagonista é Dania Vitoria, unha nena Asperger de once anos. Unha novela tenra e chea de vitalidade que trata, coas ferramentas da ficción, as vivencias das nenas e nenos con Trastorno do Espectro Autista e das súas familias hoxe en día.

O venres 28 de maio estivemos encantados de recibir a visita no noso cole dos autores da novela “A Nena do Vestido de Flores”. Maruxa e Manuel estiveron falando da novela e das súas experiencias, como é a vida dun Asperger e a convivencia con él.

O alumnado de sexto, despois de ler a novela e traballala nas aulas, fixeron moitas preguntas e intercambiaron opinións e reflexións con Maruxa e Manuel.

   

Foi unha visita moi especial e enriquecedora tanto para o alumnado como para o profesorado.

                                    Premede na imaxe para ver todas as fotos.

Maruxa e Manuel!

GRAZAS!

"O soño de Liam" con David Navarro

Liam adora o baloncesto e ten un soño.

Ti tamén tes algún?

Ás veces os soños fanse realidade…

“O soño de Liam” é un conto infantil escrito por David Navarro Brugal, xogador de baloncesto profesional que actualmente forma parte do equipo do Club Ourense Baloncesto.

    

O luns 24 de maio recibimos a visita do autor do conto “O Soño de Liam” e do seu compañeiro de equipo Álex Mazaira.

   

O alumnado de infantil e 1º e 2º de primaria recibíronos con moita expectación, ilusión e interese, realizaron preguntas sobre o conto e como é a vida no baloncesto, fixéronse fotos, pediron autógrafos…

Moitas grazas pola vosa visita David e Álex!

Premede na imaxe para ver todas as fotos.

Gañadoras do concurso de marcapáxinas

Xa temos aos gañador@s do concurso de marcapáxinas!

Tivémolo moi difícil pola calidade dos marcapáxinas presentados. GRAZAS a todos e todas por participar!

e GRAZAS tamén ás gañadoras: Emma, Álvaro, Mara, Laura, Clarisa, Eva  e Patricia

APADRIÑAMENTOS LECTORES NO DÍA DO LIBRO

Chegou o noso día favorito!   Día do libro!

 Este ano facemos os nosos apadriñamentos lectores entre maiores e pequenos dunha maneira diferente pero co mesmo esforzo e maior ilusión. 

Esperamos que vos gusten!

 
          
Ademais, fixemos un concurso de marcapáxinas.  Aquí vos deixamos unha boa mostra da creatividade imaxinación do noso alumnado.
 
Distribuir contenido


by Dr. Radut