Skip to Content

Animación á lectura

RUXI OLIMPÍADAS 2020

Xa chegou o vídeo do noso último reto!

Grazas a todos e todas!

Sabedes cal é o seguinte RUXI RETO?

Respectar as recomendacións que nos fan as autoridades sanitarias para poder vernos todos e todas xunt@s en setembro!

Seredes capaces de conseguilo?

Boas e merecidas vacacións!

 

Lecturas para o verán!

O Equipo de Biblioteca déixavos unhas recomendacións de lecturas para este verán. Premede na porta da nosa biblioteca se queres descubrilas...

  

BOAS LECTURAS E BO VERÁN!

 

Unha de piratas!

 Benqueridos nenos e nenas!

A nosa amiga Sabela Gago nos envía unha contada sobre piratas.

Non vos asustedes porque estes piratas non dá ningún medo aínda que son un pouquiño peculiares. Querédelos coñecer? Pois abride ben os ollos e as orellas e imos de aventura pirata!

Premede na imaxe para ver o vídeo.

 

 

RUXI RETO 9: RUXI OLIMPÍADAS

RUXI RETO 9

 

 

Este curso todas as aulas estivemos traballando sobre os Xogos Olímpicos como Proxecto Documental Integrado da Biblioteca.

Moitas das actividades que tiñamos previstas quedaron sen rematar polo confinamento pero non queremos que remate o curso sen dedicarle un oco a este proxecto.

Esta semana propoñemos as RUXI OLIMPÍADAS do confinamento

Seguro que pensades que como suspenderon os Xogos Olímpicos de Tokio, nós tampouco podemos celebralos. Pois si que as imos a celebrar, só que dunha maneira diferente e moito máis divertida. Igual non gañamos medallas pero polo menos botamos unas risas e pasamos un bo rato. Comezamos?

A nosa proposta é que nos enviedes un vídeo de 20 segundos máximo na que nos ensinedes como practicades en casa un deporte  olímpico. Podedes escoller o que máis vos guste e adaptalo ao espazo e materiais que teñades en casa. Non se trata de copiar o deporte porque, como é lóxico, moitos precisan dun espazo e material específico. Do que se trata é de “adaptar” eses deporte ás novas circunstancias.

Fútbol cunha pelota de papel no corredor, se tedes irmáns/irmás podedes facer natación sincronizada sen auga, salto de altura con rolos de papel hixiénico, hockey con vasoiras, surf en monopatín (disto algo saben os de sexto) … a imaxinación é infinita e sabemos que a ser creativos non nos gaña ninguén, non si?

Se queredes ver cales son os deportes olímpicos consultade AQUÍ

Mirade o que nos enviou Amelia de 5ºA. Premede na imaxe.

                             

 

Unha vez teñades o vídeo feito podedes envíalo a este correo do cole:

- ceiporuxidoiro@gmail.com

Indica o teu nome e apelidos e o curso, e autorización das vosas familias para publicalo.

 

DATA DE ENTREGA: 5 de xuño

 

XORNAL: A GAIOLA

Nenos e nenas, ATENCIÓN!

Xa está aquí, xa chegou! Xa podedes ver o resultado do noso primeiro Xornal. O alumnado de 5ºB traballou arreo para que podades desfrutar deste primeiro número de A gaiola: porque en galego mola

Desexamos que vos guste moito!

RUXI RETO 8: RUXILINGUA

Este é o noso homenaxe á nosa lingua. Como dicía Celso Emilio Ferreiro no seu poema "Deitado frento ao mar",

"eu fáloa porque si, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña,

porque me sai de dentro, alá do fondo..."

 

Aquí tedes o resultado do voso traballo das Letras Galegas!

Se queredes ver todas as vosas creacións, premede na imaxe.

 

                        

                   Mirade que creacións máis bonitas presentaron Alba, Daniela, Ismael e Ruth.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

       

Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas recordando a Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado deste ano.

Ricardo Carvalho Calero é unha figura indispensable para coñecer a historia da lingua e da literatura de noso ao longo do século XX. Notable poeta, dramaturgo, narrador e ensaísta, publicou ademais manuais que aínda hoxe son unha referencia para os estudosos. Participou dende novo nos movementos políticos e culturais impulsados polo galeguismo, foi o primeiro catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega da historia e, xa na madurez, defendeu o achegamento do noso idioma ao portugués. Algunhas das súas obras:                 

                                                          

                         Sobre Ricardo:                         

Para o público infantil:

As pitas baixo a choiva

 Deixamos unhas actividades interactivas para saber máis sobre este autor galego e a súa obra. 

http://primaveradasletras.gal/poemas-e-idiomas/

 

APRENDE COAS MULLERES GALEGAS: ERNESTINA OTERO

Ernestina Otero foi unha mestra e pedagoga galega que traballou para implantar un novo xeito de aprender nas escolas. Ernestina estuda Maxisterio en Pontevedra e logo marcha a Madrid á Escola de Estudos Superiores, sendo unha das primeiras mulleres na unversidade. 

 

Para aprender máis sobre esta mestra podedes descargar o adxunto ou premer en ACTIVIDADES

SABELA GAGO E NATURIZO

Ola, ola! 

Sabela Gago cóntanos un contiño da man de Naturizo, personaxe creado por Alba de Evan e Javier Domínguez.

Sabela trae esta proposta de actividades para despois do conto. Atrevédevos a facelas?

Naturizo é un ourizo cacho que vive na Serra de San Mamede, en Ourense.

Mirade que de contiños tan bonitiños ten!

e moitos máis!
Se queredes saber máis sobre Naturizo e os seus amiguiños: Amelia, Sil, Lúa e Marmelo, podedes ir á súa páxina: https://naturizo.es/
 
BOAS LECTURAS NA NATUREZA!

 

RUXI RETO 8: RUXILINGUA!

RUXI RETO 8: RUXILINGUA!

Como sabedes, o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas

Nós queremos facer a nosa pequena homenaxe á … LINGUA GALEGA!

Como podemos facer esa homenaxe?

Creando lemas defendendo e animando a usar a nosa lingua.

Podedes facer de moitas maneiras:

- Crear un póster co lema inventado.

- Contarnos o voso lema nun vídeo de máximo 20 segundos.

- Escribir o lema con letras bonitas.

- Ou outras maneiras que se vos ocorran. Sabemos que sodes moi creativos e tedes moitas boas ideas, non si?

 

O ano pasado participamos no Correlingua e creamos un mural co lema “O galego é a fórmula”, quedou tan bonito que gañamos o concurso. Claro que os nenos e nenas de 5º(agora en 6º) traballaran mooooito!

 

Esperamos as vosas creacións!

Unha vez teñades todo feito podedes envíalo a este correo do cole:

- ceiporuxidoiro@gmail.com

Indica o teu nome e apelidos e o curso, e autorización das vosas familias para publicalo.

 

DATA DE ENTREGA: 22 de maio

Distribuir contenido


by Dr. Radut