Skip to Content

Animación á lectura

DÍA DA POESÍA: HOMENAXE A ROSALÍA

A nosa especial homenaxe a Rosalía de Castro polo 21 de marzo.

Feliz día da POESÍA!

Traballando pola igualdade

O pasado xoves, 4 de marzo o alumnado de sexto de educación infantil participou nun obradoiro de contacontos pola igualdade.

 

Daniela, unha nena que quere ser pirata esfórzase moito para pasar todas as probas pois ás nenas estalles prohibido ser piratas. Mais, Daniela é lista, forte  e decide protestar por tal inxustiza. As nenas tamén poden ser piratas!

 

Que pasou ao final?

Conseguiu Daniela cumprir o seu soño de ser pirata?

Entroido 2021

Para ver as fotos do entroido no colexio, premede na cantiga que nos deixou o alumnado de 4ºA sobre o entroido

E para que "Non pare a festa" como din Os amigos dos músicos, deixamos as actividades de entroido no cole. Viva o entroido!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

QUE É O EFECTO MATILDA?

Premede na imaxe para averigualo e ver as recomendacións de lectura da biblioteca do centro.

A ciencia é feminino

Esta semana, con motivo da celebración do Día da ciencia da muller e da nena que é o 11 de febreiro, tivemos a visita virtual de dúas científicas.

Se queredes ver as fotos das conexións premede nunha das imaxes.

        Coñecedes o efecto Matilda?

Se queredes averigualo, estade atentos á web e ao blog da biblioteca o 11 de febreiro!

 

CHEGA O ENTROIDO AO RUXIDOIRO!

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

  A Asemblea Xeral das Naciones Unidas decidiu proclamar en 2016 o 11 de febreiro como Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademáis para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e das nenas.

A pandemia pola COVID-19 está a amosar o papel crucial que están a desenvolver diferentes mulleres na investigación fronte a loita contra esta nova enfermidade: desde o coñecemento do virus, desenvolvemento de distintas técnicas para as probas de cOVID-19 así como as vacinas contra o virus. Por iso, este ano este día está adicado principalmente ás mulleres científicas como líderes na loita contra a COVID-19.

No noso centro, faremos a nosa especial conmemoración deste día, cunhas charlas nas aulas que vemos como unha gran oportunidade para sensibilizar e dar a coñecer ao noso alumnado a labor que fixeron e están a facer mulleres en distintos ámbitos da ciencia.

O luns 8 de febreiro realizaremos unha conexión virtual con Clara Álvarez Villamarín que achegará ao alumnado de 6º a súa labor na investigación.

O luns 9 de febreiro o alumnado de 5º terá a oportunidade de conversar de xeito virtual con Ana Mª González Tizón, que nos achegará a historia de Isabel Zendal, enfermeira galega,  e 22 nenos e nenas que participaron na expedición para levar a vacina da varíola a América no século XVIII. Na actualidade, isabel Zendal é recoñecida pola Organización Mundial da Saúde como a 1ª enfermeira da historia en misión humanitaria internacional.

  #acienciaesfeminino  #lacienciaesfemenino

 

 

O SECUESTRO DA BIBLIOTECARIA

Comezamos o trimestre coa representación "online" da obra 

O secuestro da bibliotecaria de Sarabela Teatro, grazas ao Concello de Barbadás.

Despois de ver esta fantástica obra recibimos unha sopresiña nas nosas aulas: Ernestina, a bibliotecaria, o ladrón Benvido Benfeito e o inspector de policía. Grazas pola vosa visita!

Se queredes ver as fotos da visita podedes ir ás FOTOS  do Curso 2020-2021

E lembrade que...

DÍA DAS BIBLIOTECAS

"O esforzo cotián das mulleres"

DÍAS DAS ESCRITORAS

 

O luns 19 de outubro celébrase a V Edición do Día das Escritoras baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".

Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.

Dende a biblioteca do noso cole, CEIP Plurilingüe “O Ruxidoiro”, compartimos unha recompilación de fragmentos de escritoras galegas, para unirnos a dita celebración.

Premede na imaxe para poder acceder aos fragmentos de escritoras galegas.

                                     

Distribuir contenido


by Dr. Radut