Skip to Content

Animación á lectura

DÍA DO LIBRO

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 

Un ano máis, o alumnado de infantil, 1 e 2º de primaria
terá unha sesión de contacontos a cargo dos maiores do cole.
Podemos contar os contos de mil maneiras: recitando, lendo, versionando, contos musicados, interpretando... 
Como o 22 de abril é o Día da Terra recomendamos que as lecturas compartidas sexan relacionados co coidado do noso planeta.
 
 
AMIGO INVISIBLE DE LIBROS
 
 
O profesorado participa tamén intercambio libros a través do amig@ invisible. Os libros serán unha sorpresa.
Que lectura tocará?
 
Deixamos un LERFLIX elaborado pola mestra @burbullasdept
 

Burbullas de PT

DÍA DO LIBRO

APADRIÑAMENTOS LECTORES

 

Un ano máis, o alumnado de infantil, 1 e 2º de primaria
terá unha sesión de contacontos a cargo dos maiores do cole.
Podemos contar os contos de mil maneiras: recitando, lendo, versionando, contos musicados, interpretando... 
Como o 22 de abril é o Día da Terra recomendamos que as lecturas compartidas sexan relacionados co coidado do noso planeta.

AMIGO INVISIBLE DE LIBROS




O profesorado participa tamén intercambio libros a través do amig@ invisible. Os libros serán unha sorpresa.


Que lectura tocará?


DÍA DA TERRA

Visitade a exposición adicada ao noso planeta. 
Terra, feliz día!
Esperámosvos na biblioteca!

CONTADA DE PAULA CARBALLEIRA

Lembrades a visita de Paula Carballeira para presentar o seu libro "Bruxa e familia"?

Agora, volve a visitarnos nas nosas casas con este conto:

"O Moucho aburrido"

Aburridos coma nós de estar na casa. Pero, sabedes que?

Do aburrimento saen grandes ideas, a imaxinación e a creatividade traballan sen parar. Parámonos a observar o pequeno mundo que nos rodea: escoitar, mirar, ulir, sentir...

Que fará neste conto o moucho protagonista?

Abride ben as orellas!

 

          

SABES CONTAR ATA CERO?

BIBLIOTECA EN CONSTRUCIÓN

Que andaremos argallando no cole? A nosa biblioteca está en construción. Estade atentos ás novas que iremos colgando!

Lecturas pola igualdade

Na biblioteca do noso cole temos un recuncho cunha selección de lecturas pola igualdade. Mulleres rebeldes, pioneiras, contos tradicionais con finais diferentes... Seguro que atopades algún do voso interese!

SEMANA DO LIBRO

 

Para celebrar o Día do libro, comezamos cos apadriñamentos lectores nunha xornada de convivencia e lecturas. Os pequechos gozaron da lectura cos seus padriños e madriñas. Ademais, o alumnado de 2º observou ao de 6º para aprender esta labor tan importante pois o vindeiro curso xa serán padriños e madriñas dos máis peques do cole. Como fixo mal día e choveu, quedamos dentro do colexio coupando todos os espazos. 

 Ao longo de toda a semana degustamos bombón literarios con mensaxes sorpresa: pequenos extractos de libros de diferentes autores e autoras. Os bombóns estaban riquísimos e os textos... tamén!

 

Para rematar a semana o alumnado de infantil, 2º e 3º asistiron a unha sesión de contacontos en lingua de signos. A eiruga glotona ou A que sabe a lúa? foron os contos escollidos para iniciarnos nesta linguaxe tan fermosa. Aprendemos moitas cousas, ata sabemos aplaudir coas mans. Mirade no vídeo que ben o facemos!

Distribuir contenido


by Dr. Radut