Skip to Content

Animación á lectura

RUXI RETO 7: OS MAIOS EN CONFINAMENTO

Xa temos o vídeo cos vosos Maios e coplas en confinamento!

Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.

Premede na imaxe para ver o resultado.

UNHA CONTADA CON SABELA GAGO

Ola amiguiños e amiguiñas!

Sabela Gago envianos esta contada para que pasemos un ratiño moi agradable.

O conto que nos vai contar é de Xoán Babarro, "Dez eran dez"

Preparad@s para contar? 1, 2, 3....XA!

Gustouvos? Mirade que actividade máis chula nos recomenda

Atrevédesvos a crear as vosas marionetas de dedos?

RUXI RETO 7: AÍ VEN O MAIO!

 

RUXI RETO 7: AÍ VÉN O MAIO!

Como sabedes, celebramos este fin de semana a

Festa dos Maios

  É unha festa celebrada no denominado “ciclo de maio”, tempo comprendido entre mediados de abril e principios de maio. Nela celébrase o renacer do ciclo do mundo vexetal, a fin do inverno e o comezo do verán, o bo tempo e a aparición dos primeiros froitos.

Nos Maios, elabóranse distintas estruturas con elementos naturais: flores, follas, herbas…

Como non puidemos celebralo na rúa, imos propoñer un reto para facer o maio na casa e lévalo ás rúas a través da web do centro.

Queredes participar? Que tedes que facer?

Elabora un maio con material de refugallo, con cousiñas que teñas por casa ou, se tes a posibilidade, un maio tradicional con flores e follas.

Deixamos tres vídeos para que collades ideas e podades facer o voso.

MAIO TRADICIONAL     

MAIO CON MATERIAL DE REFUGALLO

MAIO CON COUSIÑAS DE CASA

CANTIGAS:

As celebracións dos maios ían case sempre acompañadas de cantigas que facían referencia á chegada do mes de maio, o bo tempo, os froitos e flores. Había outro tipo de coplas máis críticas e agresivas, cun punto burlón e irónico, que denunciaban os feitos máis notorios ocorridos ao longo do ano, e algunhas veces facían alusión a persoas que ocupaban cargos importantes. 

Para facer unha cantiga dos Maios, podedes ver este vídeo feito por unha antiga do cole.

COPLAS DOS MAIOS

Mirade un cachiño da copla que nos enviou Abigail de 6ºB

Chega un novo ano

E un novo maio

Todos xuntiños vÁmolo facer

Hai que celebralo

 

Hai que celebralo

Todos xuntiños tÉmolo que celebrar

Coas nosas familias

Cos nosos amigos

 

Cos nosos amigos

Todos xuntiños

Pero en galego ten que ser

Todo en galego

 

Todo en galego

Ou perdemos a lingua

Todo en galego é todo mellor

Todo en galego hai que recitalo

 

Todo en galego hai que recitalo

Se non ao ceo non chegaremos

Quedarémonos abaixo no inferno infernal

Non chegaremos e ao inferno iremos

 

Non chegaremos e ao inferno iremos

A facerlle compañía a Trump iremos

Non queremos iso

Non queremos iso

 

Non queremos iso

Igual que se queres un mundo limpo

Ben nos comportaremos

Non contaminaremos eso salvaremolo

 

Non contaminaremos eso salvaremolo

Igual que salvaremos a fauna e a flora

Aos terreos e mares

Esto pararémolo

 

Podedes enviar tamén as vosas coplas, cantadas ou en papel, seguro que vos van saír moi ben!

Esperamos as vosas creacións!Risa

 

Unha vez teñades todo feito podedes envíalo a este correo do cole:

- ceiporuxidoiro@gmail.com

Non vos esquezades de indicar o teu nome e apelidos e o curso xunto co

título do voso maio.

DATA DE ENTREGA: 10 de maio

 

GALICIA CÓMICS

Queridos lectores e lectoras!

Aquí vos deixamos unhaligazón para que podades acceder a un mundo de cómics.

Premede na imaxe.

     

                       

 

Disfrutade das lecturas Guiño

PROFE, E AGORA QUE FAGO?

Queridas familias!

Aquí vos deixamos o novo libro ilustrado polo ourensán David Lorenzo (ilustrador e profe de dibuxo e pintura), escrito por José Carlos Román (escritor e mestre de Educación Infantil).

A idea xurdíu como unha axuda ás familias para dar resposta á pregunta que se fan moitos cativos e cativas nestes días de confinamento. Atoparedes moitas ideas divertidas e interesantes.

Premede na imaxe para poder ler o libro.

 

                                     

Agardamos que vos guste.

As mestras de Educación Infantil.

DÍA INTERNACIONAL DA DANZA!

Queredes ver a marcha que teñen os nenos e nenas do Ruxidorio?

En 1982, por iniciativa do Comité Internacional de Danza, foi proclamado pola UNESCO o 29 de abril como Día Internacional da Danza. A data escollida corresponde á data de nacemento do bailarín e coreógrafo Jean-Georges Noverre, creador do ballet moderno.

O obxectivo deste día é reunir a todas as persoas que escolleron esta forma de expresión para superar todo tipo de barreiras e celebrar a danza e a súa diversidade.

No Ruxi Reto desta semana plantexamos música tradicional coas vosas diversas formas de expresión a través do baile. Mirade as propostas de Inés Couto, Leo, Isabel Lucía e Ruth e Ismael!

                        

Animádevos a enviar as vosas propostas!

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!

Hoxe celebramos o Día Internacional do libro.

Agradecemos a todos os escritores e escritoras polas historias fermosas que teñen compartido con nós nestes días de confinamento. 

Como sabedes, Sabela Gago ía visitar o noso cole para contar un deses contos que nos deixa abraiados. Como quería estar con nós, envíanos este contiño para que se nos faga o confinamento máis agradable. Moitas grazas, Sabela!

Nós tamén quixemos facer un pequeno homenaxe a todos os autores autoras con estas recomendacións das lecturas preferidas. 

Desexamos que sexa do voso agrado!

 

Premede na imaxe para acceder ás recomendacións! 

MULLERES GALEGAS

Se queredes coñecer mulleres bravas da nosa historia, visitade o apartadiño de Donas de si na web.

Premede na imaxe para coñecer e aprender máis sobre estas mulleres.

RUXI RETO 5: SOMOS "BOOKTUBERS"!

 

 

RUXI RETO 5: SOMOS BOOKTUBERS!

Con motivo do Día Internacional do Libro, o vindeiro 23 de abril, propoñemos o seguinte reto:

 

Esta vez trátase de gravar un pequeno vídeo, duns 20 segundos

aproximadamente, recomendando un libro que vos gustou moito, o voso

libro favorito, lendo un texto dese libro que vos encanta ou representando

un cachiño dunha historia ou conto.

 

Podedes seguir este guión ou crear o voso propio:

- Saúdo.

- Presentámonos.

- Recomendación/lectura dun anaco do libro/representación.

- Non te esquezas de dicir o título e o autor ou autora do libro.

- Na recomendación non podedes desvelar o final!

Podedes crear un decorado especial para a ocasión ou simplemente utilizar a librería onde teñades os vosos libros. Podedes saír sós ou facelo en familia. Hai un sinfín de posibilidades!

Creatividade e imaxinación ao poder!

Deixamos unha mostra de “booktuber”que o alumnado de 6ºA fixo cando estaba en 4º.

AS FADAS VERDES

Ademais deixamos este vídeo dee Isabel Lucía coa representación dunha parte do conto "Os tres porquiños", momento no que o lobo soprou e soprou e... que pasou?

                      

 

 Unha vez teñades todo feito podedes envíalo a este correo do cole:

 

ceiporuxidoiro@gmail.com

 

Indica o teu nome e apelidos e o curso, título e autor/a do libro que recomendades  e autorización das vosas familias para publicalo.

Recibimos as vosas colaboracións ata o 22 de abril, así poderémolo

publicar o 23 de abril.

 CÁMARA E... ACCIÓN!

 

DÍA MUNDIAL DA ARTE

 

FELIZ DÍA MUNDIAL DA ARTE!

Desde o CEIP O Ruxidoiro facemos a nosa pequena homenaxe a todos os artistas. Premede na imaxe para ver a nosa GALERÍA DE ARTE.

Parabéns a todos os artistas e as artistas e a todas as persoas que se divirten facendo ARTE.

Grazas a todos os nenos e nenas, familias e docentes que participaron neste reto.

 Premede en cada obra de arte para poder mirala con máis atención!

#diamundialdaarte

#ruxidoiroartista

#grazasartistas

Distribuir contenido


by Dr. Radut