Skip to Content

Animación á lectura

UN CONTO EN SOUTOGRANDE

Os nenos de 3º de Primaria acudiron a Soutogrande para representar o conto titulado " UNHA MANCHEA DE BICOS", actividade promovida pola biblioteca do centro.

   
   

EXPOSICIÓN DÍA DO LIBRO.

O 23 de abril celébrase o Día do Libro, e este ano dende a biblioteca organizouse unha exposición con libros antigos e aqueles que máis lles gustaron tanto ós nenos, coma mestres e familias, acompañados dunha foto de cando eramos pequenos. Isto serviranos para realizar xogos para que adiviñen quen son os donos do libros , cal é o máis antigo e recomendacións para lecturas futuras.

Convidamos  as familias a que visiten esta exposición que está na entrada do colexio.

   

 

 

ANXO FARIÑA

O mércores 10 de marzo visitou o cole o escritor e ilustrador galego Anxo Fariña. Disfrutamos moito coas súas historias e os seus debuxos; incluso deixounos unha mostra da súa arte na porta da biblioteca.

 

  

 

  

 

 

VISITA A NOSA ESCOLA O ESCRITOR E ILUSTRADOR "ANXO FARIÑA"

10/03/2010 13:45
Etc/GMT

POEMAS DE AMOR

Anteriormente, xa explicamos que visitaron as nosas aulas os trobadores do amor anunciando o Primeiro Certame de Poesías de Amor do Ceip " O Ramo " .

San Valentín está a punto de chegar, e a nosa mascota Cascabel quere recitar un poema o seu namorado por iso a maioría dos nenos/as do colexio axudáronlle creando preciosos poemas de amor.

Hoxe pasaron as mensaxeiras polas diferentes aulas recollendo todas as composicións.

Agora esperamos que o namorado de Cascabel disfrute con tanto arte literario. Ademáis todas as aulas participantes teran un agasallo por axudar a nosa preciada mascota.

MOITAS GRAZAS A TODOS OS NENOS E NENAS DE PARTE DE CASCABEL

E A DISFRUTAR TODOS E TODAS DO AMOR!!!

 

NEGROS E BRANCOS

Os nenos e nenas de 3º contaron o conto "Negros e Brancos". Despois repartiron entre todos/as títeres de elefantes negros e brancos.

   
   

TROBADORES DO AMOR

Hoxe visitaron as nosas aulas dous trobadores. Leron un pregón onde dicía que a bolboreta Cascabel, a nosa mascota da biblioteca, estaba namorada. Para axudarlle co seu namorado o Equipo da Biblioteca convoca un "Certame de Poemas de Amor". Animádevos a participar axudaremos a Cascabel e o mesmo tempo podemos conseguir un premio para a nosa aula.

   

CONTO "DÁME A MAN"

O noso compañeiro Carlos, de 6º curso, contounos o conto "Dáme a man". Unha historia moi fermosa que nos introduce no tema da PAZ.

   
   

PICNIC DE CONTOS

 A Bolboreta Cascabel, mascota da nosa biblioteca, quere agasallarnos durante este curso a todos os ciclos con suculentas cestas cheas de libros para que os nenos e nenas devoren as súas historias.

Esta semana ahegáronse os seus amigos os trasnos coas primeiras cestas cheas de doces historias da PAZ.

 
   

A NOVA IMAXE DA BIBLIOTECA

Mirade canto traballou o Equipo da Biblioteca do noso colexio!! Agora atoparedes moito mellor os libros, contos, DVDs, etc, pois dispoñemos dunha mellor organización espacial e visual.

   
   

Distribuir contido


by Dr. Radut