Skip to Content

POEMAS DE AMOR

Anteriormente, xa explicamos que visitaron as nosas aulas os trobadores do amor anunciando o Primeiro Certame de Poesías de Amor do Ceip " O Ramo " .

San Valentín está a punto de chegar, e a nosa mascota Cascabel quere recitar un poema o seu namorado por iso a maioría dos nenos/as do colexio axudáronlle creando preciosos poemas de amor.

Hoxe pasaron as mensaxeiras polas diferentes aulas recollendo todas as composicións.

Agora esperamos que o namorado de Cascabel disfrute con tanto arte literario. Ademáis todas as aulas participantes teran un agasallo por axudar a nosa preciada mascota.

MOITAS GRAZAS A TODOS OS NENOS E NENAS DE PARTE DE CASCABEL

E A DISFRUTAR TODOS E TODAS DO AMOR!!!

 



page | by Dr. Radut