Skip to Content

Animación á lectura

EN BUSCA DO TESOURO 3

Hoxe seguimos coas aventuras dos/das piratas, participou o 1º ciclo de primaria. Como xa fixeron anteriores piratas tiveron que realizar diferentes probas para chegar o "Gran Tesouro".

   
   

O RAPOSO E A CEGOÑA

 O mércores 18 de novembro os alumnos/as de 3º de primaria dramatizaron o conto do "Raposo e a cegoña" aos nenos/as de Educación infantil.

   

O remate da actuación ensináronnos un baile con coreografía.

   

 

EN BUSCA DO TESOURO 2

Os/as piratas seguen invadindo o noso colexio. Hoxe tocoulle a quenda os alumnos/as de 2º ciclo , que tamén tiveron que facer diferentes probas para conseguir as diferentes pezas dun crebacabezas da portada dun libro de piratas. Despois tiñan que buscar ese libro na biblioteca para conseguir as chaves do desexado baúl que contiña un " Gran Tesouro".

     
     

NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA

No arquivo adxunto podes consultar as normas de uso da biblioteca escolar.

EN BUSCA DO TESOURO.

Dentro da campaña de animación á lectura, dende a biblioteca propúxoselles ós alumnos do 3º ciclo a búsqueda dun tesouro .Para  poder acadalo tiñan que superar diferentes probas relacionadas có mundo da piratería ( pelar froita, crebacabezas, cantar unha canción e de inxenio),O grupo gañador tivo de recompensa o  tesouro escondido.

     
     

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

O día 23 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas Escolares, por este motivo o equipo da biblioteca entregou os novos carnets para o préstamo de libros e cds e tamén nos obsequiou cuns marcapáxinas nos que figuran persoaxes infantiles ós que non lle gusta a lectura e a ver se ó estar metidos dentro dos contos cambian de opinión.

Así mesmo aproveitamos esta data para porlle nome a nosa mascota , fíxose por sorteo saindo o nome de CASCABEL de todos os aportados por cada aula.

   
   

 

PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Os alumnos/as de 2º, 3º,4º e 5º  de primaria foron á biblioteca municipal onde o grupo Trinke- Trinke presentáronlle o espectáculo " Unhas botas misteriosas...".

   

Novos Contos

E seguimos lendo agora tocoulle a Joel de 3º e a Miriam de 4º,pero xa fixeron de contacontos moitos/as máis.....apareceremos na páxina pouco a pouco.

     

A BOLBORETA DA BIBLIOTECA

Todos os nenos e nenas de 5º fixemos uns contos sobre a mascota da biblioteca: A bolboreta.

O que máis nos gustou foi este:  

 

A HORA DO CONTO.

HISTORIA DUN PROXECTO EN IMAXES. ASÍ COMEZAMOS CONTANDO DOUS CONTOS: "ADEUS QUERIDO CHUPETE", E "PEQUECHOS". 

   
   
   

 (CONTINUARÁ...)

Distribuir contido


by Dr. Radut