Skip to Content

                              

STEAM

BOLIS 3D

Neste segundo trimestre o alumnado do colexio coñeceu os bolis 3D que tiñamos no centro e o Kit  que nos prestou o CFR de Ourense para realizar as nosas creacións.

No seguinte video poderedes ver canta imaxinación e creatividade ten o noso alumnado.

Actividade conmemorativa Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Hoxe o alumando de 3º ciclo de ED. Primaria tivo a sorte de escoitar e participar nunha actividade conmemorativa polo 11F

 

 

 

A profesora María José Vázquez Figueiredo, da Facultade de Educación e Traballo Social de Ourense  (á que agradecemos que se achegase ao noso centro)  tivo unha sesión formativa con este alumnado, que estaba plantexada nos seguintes bloques:

 

 

1º PARTE. Muller e ciencia.

2º PARTE. Proxecto Humaniza_TRICS.

3º PARTE. Taller Humaniza_TRICS. O impacto das redes sociais e a intelixencia artificial na educación sexual dos/as cativos/as

4º PARTE. Sumámonos a carreira INVESTIGADORA.

(Aínda que por cuestións de tempo , a 4ª parte non se desenvolveu plenamente)

 

 

A continuación unha pequena explicación do desenvolvemento da actividade:

Na primeira sesión, Mª José explicounos  en que consiste o traballo dunha investigadora, que a investigación aparece en distintos ámbitos: ciencias, humanidades, artes, saúde...

Tamén Visionamos un vídeos curtos de diferentes investigadores/as galegas

Falounos tamén da importancia de fomentar a vocación investigadora nos nenos e nenas

 

Posteriormente  comentounos que participa nunha investigación sobre a violencia de xénero

E a continuación abriu debate co alumnado que empezou a participar animadamente

(Texto elaborado pola profe Carmela) 

 

 

Tamén houbo tempo para respostar a preguntas abertas, para escoitar música que quizais non somos conscientes da carga de violencia contra a muller que contén, e algunha cousiña máis... para espertar o seu pensamento crítico ...

 

Moitas grazas a Mª José por compartir o seu tempo con nós, e a Karina , da Unidade de Cultura Científica da Uvigo por poñernos en contacto.

 

Ilusións ópticas

Para conmemorar o 11F, Día Internacional da Muller e a nena na ciencia o alumnado de cuarto de educación primaria creou os seus propios caleidociclos con catro investigadoras que realizaron valiosas achegas no avance da tecnoloxía óptica: Katherine Blodget, María Goeppert-M, Hedwig Kohn e Donna Strickland.

O caleidociclo é un anel tridimensional articulado que pode virar sobre si mesmo indefinidmente sen romperse nin deformarse, creado por Doris Schattschneider, inspirándose nos patróns de Escher (artista gráfico neerlandés famoso polas súas obras que desafían a percepción dos nosos ollos e exploran ilusións ópticas e xeometrías surrealistas).

ENTREVISTA A PAOLA GUIMERÁNS

Como xa sabedes, grazas a estar no proxecto de "Bibliotecas Creativas" ( dentro do PLAMBE e Plan Lía da Asesoría de Bibliotecas Escolares) tivemos a sorte de que Paola Guimeráns nos visitase 2 veces para facer un obradoiro co alumnado de 5º e 6º, e onte para facer outro co alumnado de 3º e 4º de ED. Primaria.

 

Na primeira visita, ao alumnado de 5º xurdíronlle moitas preguntas que facerlle a Paola e xa non quedaba tempo ,polo que decidiron preparar unha entrevista ( coa axuda da súa titora Asun) para poder facerlla onte en Radio Xuve.

Aquí tedes unha foto da entrevistada e das entrevistadoras:

 

 

E aquí o resultado da entrevista ( grazas á profe Asun e ao profe Javi pola súa colaboración) e obviamente moitísimas grazas a Paola por deixarse entrevistar.

 

 

Obradoiro STEAM con Paola Guimeráns.

O pasado 22 de marzo, grazas ás Bibliotecas Creativas ( proxecto da Asesoría de bibliotecas escolares do que formamos parte) estivo no noso cole Paola Guimeráns, unha pioneira STEAM especialmente no relacionado cos e-textiles.

Desta volta para o alumnado de 5º e 6º que puideron disfrutar e crear guiados por Paola o seu propio "brazalete" con Leds ( e-textil) e despois con Scratch programaron un pequeno "xogo" .

Foi unha experiencia interesantísima , na que desfrutaron, aprenderon e traballaron STEAM dun xeito lúdico e moi didáctico.

Foi un auténtico pracer ter a Paola no noso centro ( que voltará para facer sendos obradoiros co alumnado de 3º e 4º de ED. Primaria)

 

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Chega novembro, o MES DA CIENCIA EN GALEGO ( premede para ir aos contidos que nos recomendan dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares)

 

Dende o equipo de biblioteca e para conmemorar esta data propuxemos que cada unha das titorías fixese, ao longo do mes un "experimento" ou actividade relacionada co STEAM ( escornabots, programación en bloques, etc..) e o graven , explicando o proceso e o porqué para despois poder compartilo co resto das aulas.

 

Tamén temos a disposición do alumnado e do profesorado libros relacionados coa temática no noso ESPAZO MAKER no primeiro andar, e na entrada da nosa Biblioteca escolar.

 

 

 

 

 

 

XOGANDO COS LEDS EN ED. INFANTIL ( CODE WEEK)

 

 
 
 

 

 

Nestas datas celébrase a semana da programación , unha escolma de actividades relacionadas coa programación ( robótica, STEAM, scratch, actividades desconectadas..) compoñen un mapa por toda Europa.

 

 

Alumnado de todas as idades e diferentes países conflúe nestas datas ( e posteriores) nun mapa de actividades.

 

Na clase de 5 anos tamén participamos, con dúas actividades, unha que xa estamos desenvolvendo: "Xogando cos LEDs en ED. Infantil" (se premedes poderedes ver a nosa actividade no mapa)

 

E outra relacionada coa robótica e os escornabots, que desenvolveremos máis adiante... imos pouco a pouco. 

 

Coa actividade "xogando cos LEDs en ED. Infantil" pretendemos que o alumnado se familiarice con este material, entenda como acender un led cunha pila de botón ( esta parte potencia a súa motricidade fina, e ademais encantoulles) e por outra banda introducimos o concepto positivo ( +) e negativo(-)

 

 

Encantoulles poder acender eles sos un led, e alumar...

 

 
 
      


Para que o a enerxía flúa precisamos que todo estea colocado correctamente, o positivo co positivo e o negativo o negativo.

Despois de iniciarnos , fixemos un pequeno circuito con fío de cobre para que entenderan que é coma a luz da aula, que se acende e se apaga co interruptor, que fai que a electricidade flúa ata o seu destino.

 

 

 

 

Foi unha actividade totalmente gratificante para eles e elas. Traballamos a atención, a motricidade fina, razoamento lóxico... 

 

Ademais na casa, tamén houbo quen elaborou o seu propio circuito para acender unha bombilla e tróuxoo á clase para ensinarnos e explicarnos como o fixo con axuda de papá!! .

 

 

 

Seguiremos informando!!

Distribuir contido


by Dr. Radut