Skip to Content

                              

RADIO NA BIBLIO

DÍA DE ROSALÍA NA CLASE DE 1º de ED. Primaria

No día de Rosalía de Castro,  o alumnado de 1° de Primaria do CEIP Xuvencos de Boborás, queremos facer unha homenaxe a esta  grande escritora.

 

Ensaiaron, prepararon os seus textos e baixaron a Radio Xuve a facer a gravación, acompañados pola súa titora, a profe M Luz.

Editado polo profe Javi, aquí tedes o resultado:

 

 

Programas de Radio de 3º e 5º de ED. Primaria : obradoiro con Iago Gordillo

Este pasado luns día 12 o alumnado de 3º e 5º de ED. Primaria tivo a terceira sesión( desta volta online) do obradoiro  de radio que desenvolveron con Iago Gordillo.

A primeira das sesións foi telemática, a segunda para poñer a andar os seus programas tivemos a sorte de ter a Iago no noso centro.

E posteriormente editou, "puliu" e preparou o resultado final dos mesmos, este luns día 12 de xeito telemático tamén, comentou co alumnado e titoras de 3º e 5º sobre o proceso, o resultado e escoitaron tamén os audios definitivos.

 

Foi unha experiencia interesantísima, na que o alumnado tivo que traballar en equipo, guionizar, preparar, seleccionar melodías, facer a escaleta... entrevistar...

 

Aquí vos queda o resultado final de ambas aulas:

 

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO DE RADIO CON IAGO GORDILLO

Este curso, e grazas a estar dentro do programa "RADIO na Biblio" ( da Asesoría de Bibliotecas Escolares, Plambe) contamos no cole novamente ( xa nos visitou o curso pasado, e o alumnado quedou encantado!!) con Iago Gordillo.

 

Desta volta os cursos cos que traballou e fixo un obradoiro de Radio foron os de 3º e 5º de ED. Primaria.

 

Como primeira toma de contacto, explicación de conceptos básicos e resolución de dúbidas, ambas clases tiveron unha videoconferencia con el o xoves 4 de maio. Onde lles deu unha pequena e dinámica explicación, e  aportoulles moitas ideas.

 

Despois asignoulles a cada aula ( adaptado a súa idade) unha tarefa para preparar en cada a unha das aulas.

Para posteriormente este venres día 12 acercarse ao noso cole e darlle forma á súa "tarefa" convertida desta volta nun podcast.

Moitas grazas a Iago polo seu tempo  e por compartir a súa sabedoría con nós, ademais de facelo todo dun xeito que semella sinxelo e ademais interesantísimo.

Acó vos quedan unhas poucas fotos das dúas aulas ( preparando o programa, e tamén no momento de facelo)

 

 

 

 

 

 

 

PROGRAMA DE RADIO PARA RADIO VOZ

O pasado venres día 16 de decembro tivemos a sorte de contar con dúas locutoras de Radio Voz dentro dun novo programa que leva a cabo a emisora en colaboración coa Asesoría de Bibliotecas Escolares e os centros  participantes no programa "Radio na Biblio" 

 

En primeiro lugar tivemos a sorte de que nos desen unha pequena "charla" sobre a radio e o seu funcionamento a todo o alumnado de ED. Primaria. 

 

 

Posteriormente o alumnado de 5º e 6º de ED. Primaria cos consellos de Antía e mais a súa compañeira fixeron a gravación dun programa de radio ( que elaboraron, ensaiaron, guionizaron e fixeron a "escaleta"  previamente) co seu asesoramento.

Aprendendo algunhas cousiñas novas.

Moitas grazas ás compañeiras de Radio Voz, e aquí vos queda o programa que foi emitido en directo , e estamos a espera de que o "colguen" no seu espazo adicado a "RADIO NA BIBLIO" na súa páxina web. 

 

 

 

Algunhas fotos do momento gravación:

 

 

 

 

Obradoiro de Radio con Iago Gordillo

 

Onte tivemos a primeira sesión de formación en Radio, con Iago Gordillo.  Creador de contido, en galego (en diversas redes)   e experto na materia radiofónica. 

 

Esta sesión desenvolveuse de xeito "telemático" para o alumnado de quinto e sexto de ED. Primaria.

 

 

Durante a videoconferencia tratou diversos temas que espertaron o interese e curiosidade do noso alumnado, primeiro introduciunos na historia da radio, e os tipos de radio que se poden atopar. 

 

Poñendo exemplos das distintas temáticas que podería ter un programa de radio, explicando a diferenza entre este e  un podcast .

 

 

 Para rematar facendo un repaso dos distintos formatos existentes e as características de cada un deles.

Todo dende unha óptica dinámica e divertida  que enganchou ao noso alumnado.

 

E por último.. unha rolda de preguntas, porque o noso alumnado é ben curioso!!

 

 

 

 

Foi unha experiencia moi interesante e amena, que captou a atencióin do noso alumnado

Agardan impacientes a vindeira sesión, para poñer en práctica o aprendido,  desta volta en "modo presencial". 

 

 

8M: CIENTÍFICAS GALEGAS MULLERES BRAVAS

E aquí temos a estrea do noso RAP de mulleres científicas galegas.

Comezamos esta andaina preparando os nosos "LAPS BOOKS" para o mes da ciencia en galego, novembro.

De cara ao 11 F: Día da muller e a nena na ciencia, e en vista de que a maioría das nosas eleccións foran mulleres, pensamos en facer un rap con todas elas. 

E despois dun mes de duro traballo, de elexir a letra, de ensaiar , por fin chegou o momento da gravación.

 

Queremos agradecerlle ao noso mestre de música, David o seu esforzo e traballo para organizar esta actividade, ensaiar e facer este magnífico vídeo que vos presentamos a continuación.

Grazas tamén a todo o profesorado e alumnado que participaron con gran entusiasmo nesta actividade.

 

 

 

 

RAQUEL CARRERA QUINTANA

 

Co motivo da celebración do día da muller, 8 de marzo, este ano decidimos traballar sobre mulleres deportistas. Neste vídeo podedes ver algunhas fotos da actividade realizada polos/as alumnos/as de 4º de E.P. e a súa titora.

Pasos para o emprego da radio

Despois da primeira aproximación á radio no centro, elaboramos a seguinte infografía para que todo o mundo a utilice de forma correcta. Agardamos que sexa de utilidade. 

A CLASE DE 3 ANOS NA RADIO XUVE

As nenas e nenos da clase de 3 anos visitamos o ESPAZO MAKER para coñecer e empregar a RADIO XUVE por primeira vez.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo sobre como foi a nosa primeira toma de contacto. 

Agardo que vos guste.

Nós seguro que repetimos, aos nenos e nenas ENCANTOULLES!!

FORMACIÓN EN RADIO PARA O ALUMNADO.

Este curso, como xa sabedes, fomos seleccionados para participar no programa da Asesoría de Bibliotecas Escolares: Radio na Biblio.

O pasado día 4 de febreiro, o profesorado do centro recibiu a formación correspondente por parte de Luis, pertencente á Rede Espora

 

Hoxe recibe a formación o noso alumnado, para poder fedellar na nosa Radio e ademais ser os "formadores" en vindeiras ocasións.

 

Aquí vos quedan unhas poucas fotos da primeira parte da formación, a máis teórica:

 

 

 

 

 

E acó vos quedan algunhas das fotos da parte máis  "práctica"

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut