Skip to Content

                              

CIENCIA

EXPERIMENTOS NO RECREO DA BIBLIO: A ALIMENTACIÓN

Hoxe no recreo da biblio, contamos con Mercedes, a titora de 4º que fixo varios experimentos interesantísimos relacionados coa Alimentación, xa que están traballando sobre este contido na aula.

 

Un dos experimentos, estivo relacionado cos "corantes alimenticios" puxeron nun prato "boliñas de chocolate de cores" e botaron auga, no primeiro momento non pasou nada pero despois duns minutos os corantes alimenticios comezaron a desprenderse das boliñas... e apareceu unha mistura de cores preciosa.

 

Outro dos experimentos estivo relacionado cos ovos, a súa frescura, a auga , o sal e as distintas densidades que podemos atopar. Non é o mesmo auga, sen máis, que auga con sal... Os ovos non quedaron na mesma posición.

 

Noutro dos experimentos utilizou unha media e auga para que visen que a auga non pasaba da media, pero ó tocala individualmente si que caía a auga. Densidade, elasticidade... propiedades da auga.

Inicialmente foron bastante incrédulos con respecto a que a auga non transpasase a media... pero ó final.... sorpresa sorpresa!!!

 

Outro dos experimentos que tamén lles encantou foi para ver as propiedades da auga, unha bolsa de plástico chea de auga.. atravesárona con lápis de cores e sorprendentemente a auga non saiu da bolsa. Aí xurdiu moita curiosidade e espectación sobre o tema.

 

Ademais hoxe , e de xeito especial, a maiores  de quitar unha profe as fotos, tivemos unha magnífica fotógrafa: unha alumna da clase de cuarto  que recolleu todos e cada un dos experimentos dende todos os ángulos posibles, facendo unha espectacular labor fotográfica.

 Premede na imaxe se queredes ver unhas poucas fotos do momento:

                                                                             

                      

 

ESCORNABOTS, NO RECREO DA BIBLIO, NO MES DA CIENCIA EN GALEGO.

Continuamos , no mes da ciencia en galego con actividades relacionadas coa mesma, na hora do recreo, desta volta para o alumnado de 3º e 4º de primaria.

 

Elaborouse un taboleiro, para utilizar cos escornabots, con vocabulario relacionado cun LABORATORIO. 

Debían seleccionar as tarxetas e despois mover o escornabot, ata o debuxo que se correspondese coa palabra que lles tocou. 

Aquí tedes unhas poucas fotos do momento:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

EXPERIMENTAMOS COA AUGA

Seguimos co mes  "da ciencia en galego".

Hoxe martes, 12 de novembro, na hora do recreo, volveu a vir o alumnado de 1º e 2º de primaria para facer o experimento PODE A AUGA IR CARA ARRIBA???

Primeiro observamos os materiais que necesitabamos: tres vasos, papel de cociña, auga e colorante alimentario.

Despois explicamos a execución e levámolo a cabo.

Enchemos dous dos tres vasos con auga ata a metade.

Mezclamos un dos vasos con colorante vermello e outro con amarelo (por exemplo), e colocamos os vasos en fila (o baleiro no medio).

Dobramos o papel de cociña en catro partes, introducimos unha das esquinas no vaso con auga amarela e outro no vaso vacío, e o mesmo co de auga vermella.

Neste experimento podemos observar cómo o vaso do medio encherase ata que o nivel de auga estea igual nos tres vasos, ademais de que ocorre ao mezclar dous cores primarios, que darán como resultado outras cores.

EXPERIMENTANDO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Novembro é o mes  "da ciencia en galego".

Dende a biblioteca quixemos unirnos a esta iniciativa e hoxe comezamos na hora do recreo, na nosa biblioteca cun experimento. Desta volta para o alumnado de 1º e 2º de primaria que quixo achegarse á biblioteca na hora do recreo..

 O primeiro foi observar os instrumentos que precisabamos para a elaboración do mesmo. 

Despois da explicación da execución do mesmo, realizamos as nosas hipóteses: que sucedería ó poñer en contacto o bicarbonato co vinagre?? 

Tiñamos 5 botellas e botamos nelas distinas cantidades de vinagre, para ver se o efecto era o mesmo en todos os casos.

Preparado o material, e realizadas as hipóteses pasamos á acción... e aquí tedes unhas poucas fotos do proceso:

 

 

 

 

  

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut