Skip to Content

                              

TICs + Actividades con TIC + Departamento de TIC + Información e Ligazóns TIC + Makey Makey e Scratch + Proxectos STEAM + Webquest

DÍA DA PAZ 2021

Neste curso 2020-2021 para conmemorar o Día da Paz elaboramos uns colgantes e uns chaveiros aproveitando as ramas que cortaron as árbores do noso patio.

Case todo o alumnado de primaria estivo traballando no espazo maker e foron partícipes de todo o proceso (debuxo, gravado, barnizado,...).

 

 

Finalmente fixemos unha exposición coas obras creadas polo alumnado.

PAPER CIRCUIT SAMAÍN-HALLOWEEN

Este ano a clase de segundo decidimos participar na semana europea da programación "CODEWEEK",  que se celebra do 20 ao 25 de outubro.

É un evento onde participan moitos países e onde se expoñen moitas experiencias que son levadas a cabo con nenos e nenas de todas as idades e inscribimos a nosa actividade nun mapa.

Aproveitando a data do Samaín, nós participamos cunha actividade na que coloreamos unha plantilla de papel e aprendemos cómo funciona un circuito simple, usando leds, fío de cobre e baterías.

Este é un pequeno video do que fixeron, esperamos que vos guste. Pincha na foto.

 

 

 

 

XOGANDO COS LEDS EN ED. INFANTIL ( CODE WEEK)

 

 
 
 

 

 

Nestas datas celébrase a semana da programación , unha escolma de actividades relacionadas coa programación ( robótica, STEAM, scratch, actividades desconectadas..) compoñen un mapa por toda Europa.

 

 

Alumnado de todas as idades e diferentes países conflúe nestas datas ( e posteriores) nun mapa de actividades.

 

Na clase de 5 anos tamén participamos, con dúas actividades, unha que xa estamos desenvolvendo: "Xogando cos LEDs en ED. Infantil" (se premedes poderedes ver a nosa actividade no mapa)

 

E outra relacionada coa robótica e os escornabots, que desenvolveremos máis adiante... imos pouco a pouco. 

 

Coa actividade "xogando cos LEDs en ED. Infantil" pretendemos que o alumnado se familiarice con este material, entenda como acender un led cunha pila de botón ( esta parte potencia a súa motricidade fina, e ademais encantoulles) e por outra banda introducimos o concepto positivo ( +) e negativo(-)

 

 

Encantoulles poder acender eles sos un led, e alumar...

 

 
 
      


Para que o a enerxía flúa precisamos que todo estea colocado correctamente, o positivo co positivo e o negativo o negativo.

Despois de iniciarnos , fixemos un pequeno circuito con fío de cobre para que entenderan que é coma a luz da aula, que se acende e se apaga co interruptor, que fai que a electricidade flúa ata o seu destino.

 

 

 

 

Foi unha actividade totalmente gratificante para eles e elas. Traballamos a atención, a motricidade fina, razoamento lóxico... 

 

Ademais na casa, tamén houbo quen elaborou o seu propio circuito para acender unha bombilla e tróuxoo á clase para ensinarnos e explicarnos como o fixo con axuda de papá!! .

 

 

 

Seguiremos informando!!

INICIÁNDONOS COS LEDS

O alumnado de primeiro fixo os seus primeiros circuitos leds. Mirade no vídeo que ben lle quedaron.

CIRCUITOS ELÉCTRICOS SIMPLES

En Ciencias Sociais de 3º de EP, creamos circuitos eléctricos simples con diferentes deseños para entender o percorrido da electricidade en diferentes situacións, usando luces de led, pilas de batería e as pinzas das placas Makey Makey. Preme na imaxe para ver máis:

PANEL INTERACTIVO CON SCRATCH

Deseñamos un panel co título 'EARTH, MOON & SUN' ou 'TERRA, LÚA E SOL', no que grabamos unha explicación en inglés destes 3 elementos, que soa cando presionamos cada un deles grazas ao programa Scratch, as placas Makey Makey e por suposto, ao traballo do noso alumnado. Preme na imaxe para ver máis:

CREACIÓN DE MICROHISTORIAS CON SCRATCH

Utilizamos Scratch para familiarizarnos coa programación por bloques e crear microhistorias en inglés para reforzar a expresión oral e escrita nesta lingua. Preme na imaxe para ver máis:

EDUCACIÓN 3.0

Dende o centro tratamos de traballar as TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) dende un punto de vista inclusivo e integrador, no que o alumnado xoga un papel activo e protagonista no proceso de aprendizaxe.

ÚNETE A CLASSDOJO!

Unha ferramenta para xestionar o día a día nas aulas, engadindo unha motivación extra para o alumnado. Neste artigo podes aprender a utilizalo e ver as ventaxas que ofrece:

CLASSDOJO: QUÉ É E CÓMO COMEZAR A USALO NA CLASE

Distribuir contido


by Dr. Radut