Skip to Content

                              

O Magosto

MAGOSTO 2023

Viva o Magosto!!!!!

     O luns 13 de novembro, o alumnado e profesorado do CEIP Xuvencos celebramos o magosto. Bailamos e cantamos un montón e tamén comemos castañas e chourizos ben deliciosos. Aquí tedes un pequeno vídeo que resume o noso dia.

 

 

 

Magosto 2013

O 12 de novembro celebramos a festa do magosto no colexio coa realización de múltiples actividades. A cociñeira Carmen realizou un suculento menú a base de produtos típicos desta festa: empanada, bocadillo de chourizo e bica caseira que fixo as delicias de todos os comensais

Tamén contamos con tres invitados moi especiais: o profe Miguel e a súa familia.

Despois do xantar realizamos varios xogos populares nos que participou todo o alumnado do centro organizados polo mestre de Ed. física.

Na seguinte galería podedes observar as imaxes que amosan o ben que o pasamos.

VIVA O MAGOSTO!!

Recursos educativos para celebrar o magosto

Neste libro recollemos aquelas actividades e recursos que nos poden ser de utilidade para a celebración do magosto no noso cole.

Magosto 2012

Preme para ver a Galería de imaxes do magostoO martes, 13 de novembro, celebramos a festa do magosto no noso colexio. Coma todos estes últimos anos, é unha festa que preparamos e organizamos desde moitos días antes da súa celebración. Este ano participamos en moitos xogos no patio do colexio, e todos os nenos e nenas iamos pasando por todos eles.

O menú estivo composto a base de empanada, chourizos e bica...sen esquecernos das protagonistas da festa...as castañas...que nos preparou a cociñeira no seu forno, aínda que tamén as metemos no lume, pero esas usámolas para emborrallarnos.

GALERÍA DE IMAXES

Magosto 2011

O 17 de novembro celebramos o magosto no centro, cun pouco de retraso por culpa do mal tempo que tivemos na semana do San Martiño.

A comida, coma en anos anteriores, foi a base de chourizo con pan, bica e castañas asadas.

Durante toda a xornada realizamos diferentes actividades e xogos nos que participou todo o alumnado do centro.

 

Imaxes do magosto

Magosto 2010

Magosto 2010O día 11 de novembro, como ven sendo tradición, celebramos a festa do magosto no colexio. Tivemos que suspender a andaina ata Moldes, por mor do mal tempo. Temos pendentes de realizar a fogata e a sesión de xogos alternativos que estaba programada para ese día.

O xantar, foi o tradicional desta data: empanada, chourizos asados e castañas e doces típicos destas festas.

Ao longo dos próximos días completaremos esta nova coas actividades que realicemos.

 Ver reportaxe fotográfica Imaxes da actividade

Magosto 2009

Saltando o lume

O día 11 de Novembro celebrouse en Ourense o San Martiño, a xente festexa este día facendo os magostos, no colexio tamén decidimos celebrar ese día.

Unha semana antes comunicámoslle aos nenos que iamos celebrar o magosto e para iso tiñan que traer unhas poucas castañas para que despois de facer a fogata, asalas todas alí.

Preparamos nas clases uns gorros en forma de castaña para levar podto o día da festa.

Os mestres participamos facendo o mural, para elo elaboramos con periódicos recubertos de papel marrón a leña para a fogata, tamén con papeis de cores fixemos o lume, e engadíronse castañas feitas polos nenos.

Como o tempo non fixo bo o refrán de dita festa, tivemos que xantar no comedor do colexio un menú especial, empanada e bocadillos de chourizo; pero pasámolo igual de ben, xa que a mestra de música ambientou a comida con cancións moi movidiñas que fixeron que non aguantaramos sen saír a mover o esqueleto.

Pola tarde saímos a acender o lume para saltalo a continuación e encinsarnos cos carbóns, como manda a tradición.

Para finalizar xogamos un partido de fútbol entre os mestres e os alumnos. Un ano máis os alumnos non fomos quen de ganarlle aos mestres.

Imaxes do magosto 2009  Imaxes do magosto

Magosto 2008

... que ben o pasamos!!!

 

Coma todos os anos, no mes de novembro celebramos a festa do magosto no colexio. Ese día tivemos a visita dos mestres do ano pasado Miguel, Aurora e Odilo.

O menú foi o típico do San Martiño: empanada, chourizos asados, bica e castañas. O momemto máis divertido foi cando nos puxemos a saltar os restos da fogueira e tamén cando nos pintamos coa cinsa da leña do lume.

  Se queres ver máis imaxes

 Imaxes do magosto

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut