Skip to Content

                              

2010/11

Prevención de incendios

Na semana previa ao Día Mundial da Árbore realizamos no colexio un obradoiro sobre os incendios forestais baixo o título " Evita el fuego... la diversidad es vida".

Estivo patrocinado polo Ministerio de Medio Ambiente. O alumnado atendeu ás explicacións da relatora e realizou varios cartaces sobre a temática.

Na seguinte web http://www.evitaelfuego.es/ atoparedes moitos recursos educativos e xogos multimedia.

 

Imaxes das actividades do Prevención de incendios

VI Torneo de Balonmán 2011

O mércores 30 de marzo participamos na VI edición do torneo de balonmán que se celebrou no pavillón deportivo do Paco Chao de Carballiño.

A xornada estivo marcada polo bo ambiente e concordia entre todos os equipos participantes.

O nivel de xogo foi espectacular, dándose resultados moi axustados xa que o nivel dos equipos era moi parello. Ao final a experiencia do combinado de Beariz fixo que a balanza se inclinara para eles, acadando o noso equipo un meritorio segundo posto.

Ver resultados en pdf.

 Imaxes das actividades do torneo

.

Entroido 2011

Ao longo da semana do entroido/2011, foron varias as actividades que se desenvolveron no centro:

  • UD sobre o entroido en Ourense.
  • Mandas do mecos.
  • Elaboración de máscaras e cartaces sobre o entroido.
  • Xoves de comadres, onde cada quen se disfrazou do que quizo.
  • Desfile de disfraces polo pobo de Boborás, con chocolatada ao rematar no centro educativo para toda a comunidade educativa.

Este curso, o disfrace elixido para o desfile polo pobo foi o da representación do conto de Peter Pan. Uns disfrazáronse de Peter e outros de campaiña, sen esquecernos dos piratas e o cocodrilo.

 Imaxes das actividades da semana do entroido

 


 

O venres 4 pola tarde celebramos o desfile do entroido polas rúas do pobo de Boborás acompañados de moitos dos nosos familiares, algúns deles tamén ían disfrazados.

Ao rematar tomamos o chocolate con churros no patio do colexio que nos preparou Ana, a cociñeira. David, de 6º curso, fixo as veces de DiscJockey.

 Imaxes do desfile do entroido

Abrapalabra de Carlos Coira

O mércores 2 de febreiro tivemos no centro  o espectáculo de maxia Abrapalabra dentro o programa de dinamización do uso do galego que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística para os mozos e mozas de 3 a 18 anos, Bocaberta

Final comarcal campo a través

O 3 de febreiro celebramos a final comarcal da proba de campo a través no Puzo do Lago de Maside.

Participaron cerca de 500 nenos de 12 centros educativos da Agrupación Deportiva Arenteiro.

Os resultados individuais e a clasificación por equipos está colgada no blog da agrupación.

 

 

Os alumnos do noso centro obtiveron uns resultados impresionantes:

  • 2º posto en benxamín masculino.
  • 2º posto en infantil feminino.
  • 2º posto por equipos en benxamíns masculino.
  • 3º posto en infantiles masculino por equipo

Ver reportaxe fotográfica. Imaxes da actividade

Deporte escolar en Amoeiro

O venres 25 de febreiro disputamos a primeira xornada de fútbol sala no fabuloso pavillón de deportes da localidade de Amoeiro.

Xogamos os seguintes encontros:


Alevíns feminino:

  • Amoeiro 5 - Boborás 3

Alevíns masculino:

  • Amoeiro 3- Boborás 6

Benxamíns masculino:

  • Amoeiro 7- Boborás 7

 

 

Ver reportaxe fotográfica. Imaxes da actividade

Cine en 3D: "Enredados"

O martes 22 de febreiro asistimos á proxección da película de dibuxos animados "Enredados". Unha vez máis o alumnado e o profesorado disfrutou da calidade do filme na sala en 3D de Leiro. Compatimos a experiencia cos nosos veciños de O Irixo, para non variar...


 


 


Ver reportaxe fotográfica. Imaxes da actividade


 


Semana do entroido 2011

 

Durante a semana do 28 de febreiro ao 4 de marzo celebraremos no centro o entroido.

Este ano o meco tráenos cinco mandas de obrigado cumprimento para poder acceder ao centro.

O venres 4 de marzo celebremos o desfile de entroido polas rúas do pobo. Ao finalizar estades todos invitados a unha gran chocolatada no patio do colexio.

Animádevos a parricipar!!!

 

 

Descargar a invitación

 

 

Día da Paz 2011

O martes 1 de febreiro celebramos no centro o Día da Paz e non violencia. Durante a semana anterior realizamos no aula diferentes actividades para conmemorar a data da morte de Gandhi.


Como remate da festa fixemos unha sesión de xogos colaborativos no patio do colexio onde os cativos disfrutaron moitísimo...Tamén recitamos varios poemas no patio sobre a Paz e xogamos con globos. Ao final realizamos entre todos un gran mural nas paredes do patio, en tempera, sobre a Paz.


 


Ver reportaxe fotográfica Imaxes da actividade

Festival de Nadal 2010

O día 21 de decembro realizamos o Festival de Nadal 2010. Nel participamos todos os alumnos e alumnas do centro interpretando panxoliñas, obras de teatro, cancións de moda,... e realizando bailes...

Ao final do festival fíxose entrega dos premios aos gañadores do concurso de postais que organizou o Concello de Boborás, así como dos realizados neste primeiro trimestre desde o colexio.

Unha vez rematado o festival tivemos unha visita moi esperada polos alumnos máis cativos: Papá Noel.

No videoblog do noso centro podedes ver todas as actuacións que tiveron lugar. Esperemos que sexan do voso agrado.

Preme para ver os videos Videoblog do noso centro

Distribuir contido


by Dr. Radut