Para a maioría de autores ou estudos dedicados a este tema, as TICs dentro dunha dimensión moi restrinxida, definíronse como o conxunto de tecnoloxías, ou ben como o desenvolvementode máquinas e dispositivos diseñados, para xerar, rexistrar, tratar, almacenar, procesar, presentar, recuperar, transmitir, acceder, manexar ou manipular, sea localmente ou a distancia, e dunha maneira flexible, combinada e a gran velocidade, sincrónica e asincronicamente, grandes cantidades de información ou contenidos de coñecemento.
As TICs constan dos seguintes elementos:
-Hardware ou Microelectrónica.
-Software.
-Infraestructuras de telecomunicacións.
Os tres combínanse para proporcionar ao usuario servicios a través de diversas aplicacións.
A gama de aplicacións é, polo tanto, unha integración de tecnoloxías coa finalidade de que o acceso e uso dos servicios sea intuitivo e sinxelo para o usuario, evitando desta forma calquera complixidade tecnolóxica no servicio.
As principais funcións das TICs nos centros están relacionadas con:
1. Alfabetización dixital da comunidade educativa (estudantes, mestres, familias).
2. Acceso á información, comunicación, xestión e procesos de datos.
3. Xestión do centro: secretaría, biblioteca, xestión da tutoría dos alumnos.
4. Uso didáctico para facilitar os procesos de ensino e aprendizaxe.
5. Comunicación coas familias.
6. Comunicación co entorno.
7. Relación entre mestres de diversos centros.
Vantaxes dende a perspectiva do aprendizaxe:
-Interés. Motivación.
-Interacción.
-Desenvolvemento da iniciativa.
-Aprendizaxe a partir dos erros.
-Alto grao de interdisciplinariedade.
-Alfabetización dixital e audiovisual.
-Desenvolvemento de habilidades de búsqueda e selección de información.
-Mellora das competencias de expresión e creatividade.
-Doado acceso a moita información de todo tipo.
-Visualización de simulacións.
Inconvenientes dende a perpectiva do aprendizaxe:
-Distraccións.
-Dispersións.
-Pérdida de tempo.
-Aprendizaxes incompletos e superficiais.
-Diálogos moi ríxidos.
-Visión parcial da realidade.
-Ansiedade.
-Dependencia dos demais.
FONTE: Revista FUTURIBLES Nº 97, 1986