Skip to Content

                              

Árbore de Nadal

 

Conta a lenda que dous amigos da Selva Negra, leñadores de profesión, decidiron pasar xuntos a Noite Boa.

Había o gran perigo de que o visitante non atopara a cabana do seu amigo, na noite pecha do mes de decembro e, para axudalo, advertilo e guialo ao lugar da cita, o amigo decidiu por unha serie de luciñas nun abeto que había ao pé da casa.

O leñador pensou que sería bo adornar a árbore con todo os recordos bonitos que tiña na cabana e pendurar dela os seus regalos, para darlle a benvida, e demostrarlle a súa ledicia por estar xuntos nesas Festas.

Así, cando o seu amigo pasou preto da cabana non tivo problema para chegar ata ela e pasar alí a Noite Boa.

Vídeo-conto realizado polo alumnado do cole

 

Representación do kamishibai realizado polo alumnado do cole




book | by Dr. Radut