Skip to Content

                              

Papá Noël

A lenda  que coñecemos hoxe, procede dunha persoa real chamada San Nicolás do cal sabemos que viviu no ano 300 D.C. Foi bispo de Myra, situada no que hoxe é Turquía.

Segundo conta a lenda era só un neno cando chegou a ser Bispo. Era moi bo e amable, con frecuencia saía polas noites a repartir agasallos aos máis desfavorecidos do pobo.

Despois da súa morte, a súa fama entendeuse por por todo o resto de Europa, e durante a Idade Media, San Nicolás chegou a ser o patrón dos estudantes. Moitos estudantes celebraban o seu santo o día 6 de decembro, día no que finou. Elixían un alumno, vestíano con roupas de Bispo e presidía o desfile por toda a cidade. Co paso do tempo o desfile deixouse de celebrar, pero San Nicolás quedou como favorito dos nenos.

A crenza de que entra pola cheminea ven dunha lenda escandinava que dicía que unha deusa aparecía na cheminea e traía boa sorte aos da casa.

A Papá Noel represéntannolo nun trineo tirado por renos porque nunha manada de renos naceu un cun fuciño moi grande e vermello que non foi aceptado polos demais e tivo que marchar do bosque. Ao ver isto Papá Noel, levouno para a súa terra e dende ese día axúdalle a levar o trineo e aluméalle o camiño as noites de Nadal, pois o fuciño ao pórselle vermello despide unha luminaria que alumea o camiño coma se fose de día.




book | by Dr. Radut