Skip to Content

                              

Actividade complementaria sobre o magosto.

Estimadas familias:

Dende o equipo de actividades complementarias e extraescolares imos pedir a vosa colaboración para a realización de figuriñas feitas con castañas. Esta actividade de carácter voluntario, será para facer unha exposición que estará no centro todo o mes de novembro, con motivo do festexo do magosto e do outono.

Cada neno/a traerá unha figuriña na que o material principal será a castaña. A data para entregalas será entre o luns 8 e o xoves 11 ambos días incluídos. Ao rematar a exposición, a finais de mes, devolveranse aos seus donos. Moitas grazas pola vosa colaboración.

Sen mais, recibide un cordial saúdo do equipo de actividades complementarias e extraescolares.

Boborás, 5 de novembro de 2021.

AdxuntoTamaño
NOTA MAGOSTO 2021.pdf105.7 KB


blog | by Dr. Radut