Skip to Content

                              

NOVAS DO COMEDOR

 

SELECCIÓN E ADMISIÓN DE USUARIOS DE COMEDOR PARA O CURSO 2020/2021

Dende o 22/06 e ata o 03/07 ambos días incluídos, queda aberto o prazo para entregar as solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado escolarizado no curso 2020/2021. As persoas interesadas pasarán a recoller os modelos de autodeclaracións para poder cubrilos e entregalos en dito prazo.

 

 

PAGOS DE COMEDOR QUE QUEDARON PENDENTES DO MES DE MARZO

Todo o alumnado ao que lle correspondeu pagar o servizo de comedor neste curso 2019/2020, deberá facer o pago correspondente aos días do mes de marzo entre o 22/06 e o 03/07 ambos incluídos.  Para poder efectuar dito pagamento, pasarán polo centro a recoller o recibo e efectuarán o ingreso nas entidades colaboradoras ou de forma telemática. Os impresos tamén están dispoñibles en Abalar.

 

COLABORADORES DO COMEDOR

Aberto o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2020/2021.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 11 de setembro de 2020.

 

 

 



blog | by Dr. Radut