Skip to Content

                              

AXUDAS COMEDOR COVID19

AXUDAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SITUACIÓN DE SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR COMO CONSECUENCIA DO PECHE DO CENTRO EDUCATIVO A RAÍZ DO COVID-19.

De acordo coa ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (DOG do 30 de marzo de 2020), establécese unha liña de axudas ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios.

O outorgamento das axudas realízase de xeito directo e consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal (servizo de comida escolar ao mediodía) e polos días lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

Para estes efectos, determínase que o prezo máximo a satisfacer en concepto de compensación é de dous euros e cincuenta céntimos (2,50€) por menú e día nos casos de gratuidade total e de un euro e cincuenta céntimos (1,50€) por menú e día nos casos de semigratuidade con pago de un euro (1€) por menú e día durante o período lectivo ordinario.

Beneficiarios das compensacións.

As familias con alumnado que teña a condición de comensal gratuíto ou semigratuíto dun euro na relación de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

Solicitudes. Lugar e prazo de presentación.

A solicitude será única por familia incluíndo á totalidade dos/as fillos/as que sexan comensais gratuítos ou semigratuítos dun euro no comedor do colexio e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal) .

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Porén, as familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo colabore na formalización da solicitude. Para estes efectos, poden contactar co centro a través do correo electrónico  ceip.nosasenhora.xuvencos@edu.xunta.es ou telefónicamente (nº tlfno 988402022). O horario de atención ás familias será de 10.00 a 13.00 horas desde o martes 31 de marzo de 2020 ata o luns 6 de abril de 2020, ámbolos dous incluídos). Importante ter en conta:

1.    A solicitude normalizada que figura como anexo á orde publicada hoxe está destinada preferentemente para o uso das familias que a utilicen como medio de solicitude á sede electrónica.

2.    O modelo de solicitude  tamén se pode utilizar polas familias para enviar os datos ao centro educativo por correo electrónico coa finalidade de capturar os datos bancarios.

3.    Para as familias ás que lles resulte difícil acceder á sede ou completar o anexo e remitilo ao centro educativo considérase válida a obtención do consentimento da familia e dos seus datos bancarios mediante os seguintes métodos:

 

a) Whatsapp da familia ao membro do equipo directivo no que conste o número de conta e a vontade de solicitar a axuda.

b) Chamada telefónica dende a familia ao centro ou viceversa na que se acredite a intención da familia de solicitar a axuda, a identidade do interlocutor que dí ser proxenitor  (o centro directivo poderá  formular  as preguntas que estime oportunas para verificar a identidade do interlocutor.

c) Correo electrónico sen adaptarse ao anexo no que conste a intención da familia de solicitar a axuda e o número de conta

O prazo para a presentación das solicitudes comeza o martes 31 de marzo de 2020 e rematará o luns 6 de abril, ámbolos dous incluídos.

Entenderase como medio de notificación da concesión o aboamento da compensación realizada pola administración educativa na conta corrente do beneficiario.

 

Boborás, a 30 de marzo de 2020

 

O director

 

Javier Álvarez

 

 

AdxuntoTamaño
Axudas comedor COVID-19.pdf588.76 KB


blog | by Dr. Radut