Ed. infantil

PROXECTO IDADE MEDIA: AS VIDREIRAS

 

Os máis pequechos do cole están mergullados na Idade Media e eles soíños investigan a diario sobre un montón de aspectos que descoñecían e lles parecen fascinantes. 

Proposta ACTIVIDADES INFANTIL

Proposta ACTIVIDADES EDUCACIÓN INFANTILSorriso

MINIPROXECTO DE ARTE: YAYOI KUSAMA

Yayoi Kusama é unha artista xaponesa á que lle encanta encher o mundo de puntiños e a nós non nos pode gustar máis!
No noso recuncho de arte, despois de viaxar con Van Gogh aos Países Baixos, aterrizamos nun fermoso pobo xaponés, Matsumoto, para coñecer a Yayoi, a raíña dos puntos.

Comezamos a nosa investigación lendo o conto "Yayoi, de aquí al infinito", onde descubrimos como foi a súa infancia e os seus inicios como artista en New York e tamén, como os seus cadros, collages, esculturas e instalacións seguen expoñéndose en museos de todo o mundo.

DESAYUNO DE PRIMAVERA

Hoxe queremos que coñezades un dos contiños que nos acompañou ás nenas e nenos de infantil durante este último trimestre: "Desayuno de Primavera" escrito por Pilar Redondo Benítez e ilustrado por Joana Bruna, unha historia repletiña de sorpresas que remata nunha festa de primavera na que todos os animais degustan unha saborosísima torta de mazá.

Como xa sabedes, durante toto o curso empregamos os contos para traballar a lectoescritura, o concepto de número, a creatividade, a atención... pero esta vez,  aproveitando que o fío conductor do conto era unha apetitosa torta de mazá non puidemos resistirnos a cociñar as nosas propias minitortas.

MINI PROXECTO DE ARTE: VAN GOGH

No terceiro trimestre, na aula de infantil organizamos un novo espazo cheo de cores, o recuncho de arte! Témperas, acuarelas, pinceis, rotuladores... un montón de materiais cos que comezamos un mini proxecto moi artístico no que investigamos e sobre todo exploramos e creamos.
Para iniciar o noso achegamento á arte comezamos cun pintor postimpresionista "Vicent Van Gogh".

O primeiro cadro que coñecimos de Van Gogh foi "Os Xirasois" e como facía pouco que os plantaramos na aula fíxonos moita ilusión. Mirade que ben nos quedaron!

ARREGLOS FLORAIS

O pasado mes de Maio quixemos conmemorar a chegada da primavera enchendo a nosa aula de flores... e para conseguilo pedimos axuda ás nosas familias escribindo unha notiña con todas as instruccións.
Ben sabíamos que en canto vos pediramos axuda vós íades a respostar con moito agarimo, pero a verdade é que quedamos abraiados! Mirade o que pasou o luns 10 cando chegamos ao cole...

Flores de campo e dos vosos xardíns, amarelas, azúis, vermellas, brancas, lilas... grandes e pequeniñas, foi impresionante velas todas xuntas, eran preciosas e ulían de marabilla!

RESCATE ANIMAL

Na aula de infantil somos uns verdadeiros protectores da natureza e como nos encantan os animais fixemos unha pequena investigación empregando varios dos contos da nosa biblioteca de aula: Rescate animal, Animais, A pequena eiruga larpeira, O pequeno animalario, Bichos (la vida secreta de los animales)...

Mamíferos, aves, insectos... investigamos e realizamos uns cadernos de campo moi especiais onde debuxamos, escribimos e anotamos cousas interesantes dos animais dos contos.

DÍA DE ELMER

O 25 de Maio conmemorouse o Día de Elmer, un elefante moi especial repletiño de cores, e na aula de infantil decidimos celebralo cunha chea de actividades!

O primeiro que fixemos, como non podía ser de outra maneira, foi ler o conto xuntos. Gustounos tanto que aproveitamos o recuncho da biblioteca para lelo moitas máis veces... como fixeron Valeria e Dilan!

Elmer é un elefante especial, non é gris é multicor! E como nós somos pintoras e pintores expertos, debuxamos e coloreamos a Elmer no recuncho de arte empregando as rotuladores e tamén acuarelas!

DE EIRUGAS A BOLBORETAS

Como xa vos decíamos nunha entrada anterior, o noso traballo co conto de Eric Carle foi moi pero que moi completiño. Xa vos ensinamos o modelado de eirugas, o traballo cos números... e agora quédanos amosarvos o ciclo vital da eiruga.
Mirade como descubrimos a transformación dende un ovo diminuto ata una fermosa bolboreta!

A nosa aula encheuse de eirugas estampadas, coloreadas con acuarelas... e por certo, se vos fixades na foto do collage anterior na que saen Mireia e Lucas podedes descubrir o noso novo recuncho de aula! O recuncho de arte, que o estrenamos no mes de abril e do que xa vos falaremos en vindeiras entradas.

CUMPRE DE MARTÍN E XIMENA

As nenas e nenos de infantil estiveron de celebración a pasada semana, nin máis nin menos que dous cumpreanos!!!

A primeira en cumprir foi Ximena, a nosa pequecha, que nos ilumina todas as mañás coa súa sorrisa.

Logo seguiulle Martín, o noso pequeno mozo de 5 anos que recibiu os agasallos dos seus compañeiros/as... Foi o rei da festa!!

Moitos parabéns aos dous, que sigades medrando con ese sorriso que levades sempre posto.

Ata a próxima!!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer