Ed. infantil

A QUE SABE A LÚA?

Hoxe queremos amosarvos algunhas das actividades que fixemos partindo do conto "A que sabe a lúa?, do autor polaco Michael Grejniec. O conto narra a aventura duns animais moi curiosos que querían averiguar a que sabía a lúa... e como logran o seu propósito? Pois moi sinxelo... axudándose e valorando a todos os animais, dende o máis grande ao máis pequeniño.

MORCEGOS, ARAÑAS E MOITOS MONSTROS

Que ben o pasamos na aula de infantil celebrando e aprendendo co Samaín, a festa dos medos (bueno, dos mediños). Xa sabedes que unha as actividades máis divertidas foron as sesións de contacontos e a obriña de teatro que fixeron os maiores (vaia susto levamos! jjijijiji), pero nós xa levamos un tempiño aprendendo cousiñas sobre esta festa, mirade!

ANIVERSARIOS DE MARÍA E LUCAS

O pasado mes de outubro, na aula de infantil celebramos dous cumples, o de María e o de Lucas!
Na clase fixemos uns cadros moi especiais para darlles de agasallo e como non podía ser menos, cada un tivo a súa coroa de aniversario adicada por todos nós.

Como este ano non podemos compartir doces nin biscoito o que fixemos foi bailar todos xuntos e cantarlles moi pero que moi forte a canción de cumpleanos feliz!

AS EMOCIÓNS DO MONSTRO DE CORES

Ola familias!

Hoxe queremos falarvos dun conto que nos encanta, "O monstro de cores" da escritora e ilustradora Anna Llenas. Trátase dunha historia repletiña de emocións... as que ten un monstro que en realidade está algo liado. 
A nós encántanos axudarlle, recoñecendo a alegría, a tristeza, o medo... tanto en nós mesmos coma nos demais.
O primeiro que fixemos foi ordenalas todiñas, separándoas como fai a nena no conto. Para conseguilo empregamos diferentes técnicas artísticas, mirade que ben nos quedaron!

CHEGOU O OUTONO Á AULA DE INFANTIL

Como sabedes fai unhas semanas cambiamos de estación, e na aula de infantil decidimos saír a explorar os cambios que a chegada do outono produciu no noso patio, que está repletiño de árbores e natureza.
O primeiro que vimos foi un montón de follas no chan (e de castañas, pero iso xa volo contaremos outro día), decidimos recollelas e levalas para a aula... seguro que algo faríamos con elas. Enchemos unha caixa enteiriña, mirade!


ANIVERSARIO DE XOEL

Bo día familias!
Como sabedes este é un curso moi especial, pero dende a aula de infantil queremos conseguir que sobre todo sexa un curso onde o pasemos ben, aprendamos unha chea de cousas e gocemos cas compañeiras e compañeiros... con moita moita precaución.
Para comezar e antes de ensinarvos como foi a nosa volta á escola logo de tantos meses sen vernos, amosámosvos unhas fotiños do aniversario de Xoel, que cumpriu 4 anos. PARABÉNS XOEL!



Por último decirvos que esteñades moi atentos á sección de "Educación Infantil" da web do cole, porque iremos amosando os nosos traballiños, agardamos que vos gusten!
Biquiños voadores...

COMEZAMOS O TRABALLO EN EDUCACIÓN INFANTIL


Este curso na aula de infantil somos 9 alumnas e alumnos... o noso compañeiro Yeray xa está en 1º e aínda que nos acordamos moito del estamos seguros de que tamén o pasará xenial na clase dos maiores. Por outra banda, temos 3 compis novos: Ximena, Dilan e Martín que durante o mes de setembro estiveron adaptándose ás rutinas de vir ao cole, pero non vos preocupedes, axudámolos entre todos!
Os primeiros días foron moi especiais, a nosa aula estaba moi cambiada (este curso temos que ter todo moi separadiño e hixienizado...) e tivemos que adaptarnos ás rutinas COVID: Uso das máscaras, xel, lavamos moito as mans... pero eso xa o temos dominado!

Agora xa estamos listos para comezar a aprender e a investigar en novos proxectos. Aquí vos deixamos algunhas imaxes dos primeiros días, ata a próxima familias!

 

Proposta semanal Educación Infantil

PROPOSTA ACTIVIDADES SEMANAIS EDUCACIÓN INFANTIL

Traballos de Mateo

Aquí tedes unha mostra dos traballos de Mateo!

Traballos de Valeria

Aquí tedes unha mostra dos traballos de Valeria!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer