Ed. infantil

PARABÉNS VALERIA !!

Este luns estivemos de festa na aula de infantil! O pasado sábado 27 foi o aniversario da nosa compañeira Valeria e á volta do fin de semana tocou celebralo todos xuntos. 

Como agasallo elaboramos un cadro moi especial no que cada un de nós participou ata que quedou ben repletiño de cores, e como sempre non faltou a súa coroa adicada.

Pasámolo moi ben e ata cantamos en inglés coa axuda da profe Rosalía.
Parabéns Valeria, mandámosche moitos biquiños voadores!

AURELIO: UN CONTO CHEO DE VOGAIS

Na aula de infantil levamos unhas semanas dándolle voltas a un conto moi especial que fai que teñamos que prestar moita atención... Aurelio! O conto dun morcego ao que lle encantan as vogais, tanto que non fan máis que aparecer e desaparecer, queredes saber que facemos nós para axudarlle a atopar todas as vogais?

TE QUIERO (CASI SIEMPRE)

O pasado 30 de Xaneiro conmemorouse o Día da Non Violencia e a Paz, e na aula de infantil quixemos adicar toda a semana a falar, aprender e comprender o que significa eso da Paz. Para comezar traballamos un conto de Anna Llenas, a autora do Monstro de Cores: Te quiero (casi siempre)

A través do conto coñecimos a Lolo e Rita, dous amigos que a pesar de ser moi diferentes e de enfadarse algunha que outra vez, respectanse, axúdanse e quérense moito... Claro! que sexamos diferentes non quere decir que non podamos entendernos, e eso, está clarísimo que é Paz.
Como vedes na imaxe de arriba, ademais de ler o conto e debuxar a estes amigos tan especiais, aprendimos a escribir a palabra PAZ, que ten unha vogal e unha sóla sílaba, facilísimo!

O NADAL NA AULA DE INFANTIL

Dende a aula de infantil do cole das Nogais, queremos mandarvos unha mensaxe de felicidade a todas as familias e agardamos que o 2021 sexa un bo ano e que todo saia moi pero que moi ben!

Tamén queremos ensinarvos algunha  das cousiñas que estivemos facendo no mes de decembro, o mes do nadal. Agardamos que vos gusten!
A primeira imaxe é das postais de nadal que lles enviamos aos amigos e amigas do Centro de Día de As Nogais. Quedaron chulísimas!

Na seguinte, veredes aos  Papá Noel que fixemos e que engalanaron a árbore do Nadal da entrada do cole!

EXPERIMENTO DE OUTONO: PIÑAS E LENTELLAS

No mes de outubro, as nenas e nenos de infantil escribiron unha notiña para as súas familias. Nela pedian unha piña que empregaríamos no mes de novembro para realizar un experimento moi especial. É posible sementar lentellas dentro de piñas? Pois iso foi o que investigamos na aula durante todas estas semanas.

Para realizar este experimento tivemos que ser moi coidadosos porque as lentellas son oi pequeniñas e non é nada sinxelo metelas dentro das piñas. Aínda así con moita, moita paciencia todos conseguimos encher as nosas piñas. Xa estaba listo o primeiro paso pero... que máis precisan as prantas para nacer e crecer? pois segundo as nosas pesquisas... auga!

RESUMO DE NOVEMBRO - O MES DA CIENCIA !!

No mes de novembro celébrouse o "Día da Ciencia en galego" pero na aula de infantil decidimos adicar todo o mes a facer investigacións e experimentos diferentes que nos axudaron a traballar o  pensamento científico de maneira directa. Logo de falar do que sabíamos sobre a ciencia e os dientíficos e científicas (a que se adican, como traballan, que instrumentos empregan...) comezamos.

AS FOLLIÑAS CAEN E CAMBIAN DE COR...

Como di a canción de "Uxía Lambona e a banda molona" no outono, as folliñas caen e cambian de cor. Por iso, na aula de infantil estivemos facendo moitas actividades que tiveron como protagonistas as follas que recollimos do patio da escola. Aquí podedes ver algunha delas...

Nesta actividade empregamos a técnica artística do Frottage, conseguindo unha impresión case perfecta das follas máis grandes que tiñamos na nosa colección. Con esta técnica traballamos ademais o sentido do tacto, descubrindo as diferentes texturas, posto que tiñamos que experimentar ata atopar o lado rugoso das follas. Pasámolo moi ben e sorprendeunos moito o resultado final.

LECTOESCRITURA NO PATIO DO COLE

Fai unha semana e aproveitando o bo tempo que fixo a finais de novembro, as nenas e nenos de infantil saímos ao patio a realizar unha actividade de lectoescritura coa que o pasamos moi moi ben!

Xiz de cores diferentes e unhas tarxetas visuais foron os únicos materiais que empregamos para traballar o trazo das letras, a destreza oculomanual, a creatividade e en definitiva o interese por escribir e ler... ah! e como lenzo, o chan do patio! 
Primeiro fixemos unha pequena asemblea onde decidimos, logo de chegar a acordos entre nós, que tarxeta escollíamos cada un. Non foi sinxelo pero en pouco tempo todos tiñamos palabras e debuxos cos que poder encher o noso patio de arte e literatura.

RIQUÍSIMAS MINIPIZZAS SEN GLUTEN !!

Na aula de infantil estamos aprendendo moito sobre as cociñeiras e cociñeiros! Xa sabemos como é o seu uniforme, que utensilios empregan para cociñar e tamén que no noso cole hai unha cociña enorme. Por iso pensamos que sería unha moi boa idea preparar unhas saborosísimas pizzas... sen gluten! Mirade que gorros fixemos...

Antes de cociñar preparamos unha nota para as nosas familias avisando de que o martes non tiñamos que traer merenda porque a faríamos nós. Tamén vimos un vídeo explicando como se facía a masa da pasta, sen gluten, e o que máis nos sorprendeu foi que había que empregar fariña de arroz, nunca oiramos falar dela.
Foi moi divertido: mesturamos, amasamos, fixemos boliñas e estirámolas amodiño.

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS DE JULIA DONALDSON

Lembrades a entrada das actividades do Samaín na aula de infantil? Pois nela falabamos de dous contos moi divertidos da autora Julia Donaldson: O Grúfalo e ¡Cómo mola tu escoba!

No conto do grúfalo, un ratiño moi riquiño consegue enganar a todos os animais para non acabar na barriga de ningún deles, e como? pois inventando un monstro que a verdade é que daba bastante medo... pero resulta que ese monstro finalmente aparece no bosque e o ratiño ten que pensar a maneira de seguir vivindo tranquilamente e ser respectado por todos os animais. A nós encantounos! E encantounos tamén a canción do Gruffalo cantada pola mesmísima Julia e o seu marido, aquí tedes o vídeo:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer