EXPERIMENTO DE OUTONO: PIÑAS E LENTELLAS

No mes de outubro, as nenas e nenos de infantil escribiron unha notiña para as súas familias. Nela pedian unha piña que empregaríamos no mes de novembro para realizar un experimento moi especial. É posible sementar lentellas dentro de piñas? Pois iso foi o que investigamos na aula durante todas estas semanas.

Para realizar este experimento tivemos que ser moi coidadosos porque as lentellas son oi pequeniñas e non é nada sinxelo metelas dentro das piñas. Aínda así con moita, moita paciencia todos conseguimos encher as nosas piñas. Xa estaba listo o primeiro paso pero... que máis precisan as prantas para nacer e crecer? pois segundo as nosas pesquisas... auga!
Asíque así fixemos, logo de colocar as lentellas cunha culler, moi amodiño, cun pulverizador regamolas con moito coidado para que non se caesen. E xa está, agora só tiñamos que ser pacientes e coidar as nosas piñas con moito agarimo.

Todos os días a encargada ou encargado regaba as piñas, e anotábamos na pizarra cantos días tardaban en nacer... sabíamos que tiñamos que ser moi pacientes (os científicos ás veces tardan moito en realizar os seus experimentos, e algunhas veces incluso non saen ben!) asíque aínda que os días pasaban e as lentellas seguían igual, nós seguimos regando, ata que un día...
As lentellas xa non eran marróns, eran verdes! e ademais estaban abertas e de algunhas de elas comezaba a saír un pequeno gromo (era tan pequenos que tivemos que empregar a lupa para velos ben).

Xa levabamos 8 días regando e as nosas lentellas cada vez eran máis grandes! Que ilusión nos fixo, conseguímolo!
Esta semana, levamos as nosas piñas para a casiña. Alí seguiremos coidando delas para que crezan moito máis.
E para non olvidar como fixemos este experimento cubrimos unha ficha científica., mirade! 

Agardamos que vos gustara o noso experimento de outono! Ata a próxima familias!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer