Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
Enviado por ceip.nogais o Mar, 23/05/2023 - 18:41Prazo de solicitude: do 20/5/2023 ao 21/6/2023, incluídos.
Lexislación de referencia: ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)
Procedemento administrativo: ED330B
Formas de presentación da solicitude:
XORNADA ÚNICA: Publicación do CENSO para as votacións do vindeiro 22 de maio
Enviado por ceip.nogais o Xov, 11/05/2023 - 13:27Segundo o disposto na Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá, facemos público o censo de responsables (pais/nais/titores/as legais) do alumnado do centro de cara ás votacións para a implantación da xornada única. Dende hoxe, ábrese un prazo de cinco días hábiles para posibles reclamacións ao censo.
Cómpre destacar que, na citada orde, se especifica no artigo quinto que o voto será "directo, secreto e non delegable", podendo votar "a nai ou o pai ou un dos titores legais".
XORNADA ÚNICA: Proxecto
Enviado por ceip.nogais o Ven, 21/04/2023 - 22:00Nesta publicación adxúntase o Proxecto de Implantación da Xornada Única, paso a seguir unha vez recibido o Informe de viabilidade de carácter favorable por parte do Servizo de Transportes. Faremos pública a data das votacións canto esta sexa establecida de acordo co CEIP San Xoan de Becerreá.
HAPPY SAINT PATRICK'S DAY!
Enviado por antonia o Sáb, 15/04/2023 - 13:13O venres, 17 DE MARZO, celebramos no colexio o día de SAN PATRICIO, o patrón de Irlanda.
Foi unha mañá moi divertida, na que o noso alumnado fixo diferentes actividades e a nosa escola encheuse de SHAMROCKS!
Aquí vos deixamos unhas imaxes que agardamos que vos gusten!
PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024
Enviado por ceip.nogais o Ven, 10/02/2023 - 21:45Ven aprender con nós!
Prazo de solicitude: do 1 de marzo ao 20 de marzo
Para solicitar praza no CEIP As Nogais poderase seguir un dos seguintes procedementos:
a) Cubrir o Anexo II ED550B e presentalo no centro xunto coa documentación complementaria.
b) Acceder á aplicación AdmisionAlumnado e crear a solicitude informatizada. Unha vez cuberta e confirmada, a solicitude poderá ser presentada no centro ou ben firmada e presentada na Sede Electrónica. De escoller esta última opción será necesario que achegar a documentación complementaria escaneada.
PROXECTO IDADE MEDIA: AS VIDREIRAS
Enviado por Anónimo o Sáb, 04/02/2023 - 20:14
Os máis pequechos do cole están mergullados na Idade Media e eles soíños investigan a diario sobre un montón de aspectos que descoñecían e lles parecen fascinantes.