blogue deceip.nogais

Revista escolar: Pena de Airelas Nº 45

Compartimos con vós o número 45 da revista escolar "Pena de Airelas". Esta é a publicación correspondente ao curso escolar 2022-2023 no CEIP das Nogais. 

Nesta ocasión quixemos facer un resumo ilustrado deste curso tan estupendo que vimos de rematar. Agardamos que vos guste!

PENA DE AIRELAS Nº 45

XORNADA ÚNICA: Publicación do CENSO para as votacións do vindeiro 22 de maio

Segundo o disposto na Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá, facemos público o censo de responsables (pais/nais/titores/as legais) do alumnado do centro de cara ás votacións para a implantación da xornada única. Dende hoxe, ábrese un prazo de cinco días hábiles para posibles reclamacións ao censo.

Cómpre destacar que, na citada orde, se especifica no artigo quinto que o voto será "directo, secreto e non delegable", podendo votar "a nai ou o pai ou un dos titores legais".

 

XORNADA ÚNICA: Proxecto

Nesta publicación adxúntase o Proxecto de Implantación da Xornada Única, paso a seguir unha vez recibido o Informe de viabilidade de carácter favorable por parte do Servizo de Transportes. Faremos pública a data das votacións  canto esta sexa establecida de acordo co CEIP San Xoan de Becerreá.

 

LISTA DE LIBROS CURSO 2019-2020

Lista de libros para o vindeiro curso 2019-2020.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer