Secretaría

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

Ven aprender con nós! 

 Prazo de solicitude: do 1 de marzo ao 20 de marzo

Para solicitar praza no CEIP As Nogais poderase seguir un dos seguintes procedementos:

  a) Cubrir o Anexo II ED550B e presentalo no centro xunto coa documentación complementaria.

  b) Acceder á aplicación AdmisionAlumnado e crear a solicitude informatizada. Unha vez cuberta e confirmada, a solicitude poderá ser presentada no centro ou ben firmada e presentada na Sede Electrónica. De escoller esta última opción será necesario que achegar a documentación complementaria escaneada.

 

RECOLLIDA DE VALES DE MATERIAL ESCOLAR E SOLICITUDES DE COMEDOR

Bo día, familias,

o vindeiro 8 de xullo, de 10 a 13:30 e o 9 de xullo, de 10:45 a 13:30, podedes pasar polo centro a recoller os vales de material escolar e as solicitudes de comedor do vindeiro ano (para as que necesitaredes a declaración da renda do 2020 dos membros da unidade familiar que teñan a obriga de facela).

Se alguén non pode, lembrade que tamén podedes xestionalo no mes de setembro ou escribíndome a ceip.nogais@edu.xunta.gal.

Recibide unha grande aperta.

 

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Bo dia, familias,

no seguinte enlace tedes a información para participar no fondo solidario de libros de texto e axudas para material escolar:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

A grandes rasgos, comentarvos que:

- as axudas de material escolar: alumnado que curso en setembro de 2021 de 1º a 6º de primaria

- as axudas adquisición de libros de texto: para alumnado que curse 1º e 2º de primaria en setembro de 2021.

- as axudas de material escolar e fondo libros: para alumnado que curse 3º de primaria en setembro de 2021.

- o alumnado de 4º, 5º e 6º utilizará o libro dixital (E-dixgal).

XENTE PEQUENA FACENDO COUSAS GRANDES

Ao comezo do curso, as nenas e nenos e a comunidade educativa do CEIP As Nogais fixemos unha votación para escoller un logotipo do cole, que agora figura nos membretes das nosas cartas e é a imaxe corporativa na nosa web.

Para amosarlle ao alumnado que a xente pequena é a que cambia o mundo, quixemos sorprendelos poñendo na entrada do cole á bonita árbore que eles escolleran de logotipo, e de paso actualizar a imaxe exterior do centro.

Esa misma tarde, quixeron saír a "estrenalo"...

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 20-21

Adxuntamos Programacións Didácticas do curso 2020-21, onde se inclúen os criterios de avaliación, conforme á Orde de 2 marzo de 2021.

INFORMACIÓN SOBRE A AVALIACIÓN E OS SEUS PROCESOS

Queridas familias:

Conforme ao exposto na Orde do 2 de marzo do 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda en educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, co fin de que a información sobre a avaliación e os seus procesos sexa accesible e se lle dea publicidade de xeito manifesto para toda a comunidade educativa, deixamos na sección "Secretaría" as Programacións Didácticas por curso e especialidade, nas que ademais dos contidos a impartir atópanse os criterior de cualificacións de cada materia/curso.

Quedamos á vosa disposición e mandámosvos unha aperta !!

 

 

Libros de texto - Curso 2020/2021

Adxuntamos o listado de libros para o curso 2020/21.

LISTA DE LIBROS CURSO 2019-2020

Amosamos a lista de libros para o vindeiro curso 2019-2020.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer