XENTE PEQUENA FACENDO COUSAS GRANDES

Ao comezo do curso, as nenas e nenos e a comunidade educativa do CEIP As Nogais fixemos unha votación para escoller un logotipo do cole, que agora figura nos membretes das nosas cartas e é a imaxe corporativa na nosa web.

Para amosarlle ao alumnado que a xente pequena é a que cambia o mundo, quixemos sorprendelos poñendo na entrada do cole á bonita árbore que eles escolleran de logotipo, e de paso actualizar a imaxe exterior do centro.

Esa misma tarde, quixeron saír a "estrenalo"...

Esta xente pequena, coas súas pequenas decisións, ten a capacidade de cambiar o mundo que os arrodea.

Agardamos que vos guste!!

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer