PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023-2024

Ven aprender con nós! 

 Prazo de solicitude: do 1 de marzo ao 20 de marzo

Para solicitar praza no CEIP As Nogais poderase seguir un dos seguintes procedementos:

  a) Cubrir o Anexo II ED550B e presentalo no centro xunto coa documentación complementaria.

  b) Acceder á aplicación AdmisionAlumnado e crear a solicitude informatizada. Unha vez cuberta e confirmada, a solicitude poderá ser presentada no centro ou ben firmada e presentada na Sede Electrónica. De escoller esta última opción será necesario que achegar a documentación complementaria escaneada.

 

A documentación complementaria necesaria é:

- Fotocopia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia no que apareza o mesmo. 

- Copia do DNI dos membros da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta. 

- No caso de alumnos/as xa escolarizados, documentación acreditativa na que se indique o curso no que se atopa durante o presente curso académico. 

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso (agás casos de violencia de xénero ou perda da patria potestade).

- Se é o caso, documentación xustificativa da solicitude dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

Na aplicación AdmisiónAlumnado atoparás esta información de xeito máis detallado, así como un Manual para as familias.

 

Lexislación de referencia:

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer