Iniciar sesión: Acceso

O mércores 5 de xuño, o alumnado de Educación Infantil e o de 1º, 2º e 3º visitaron o centro médico do pobo.

Esta visita está enmarcada dentro do proxecto trimestral "O noso corpo", deseñado pola mestra de Educación Infantil, María González.

No centro médico puideron vivenciar, tocar, preguntar sen reparo todas as dúbidas e intereses a Maribel, médica do centro, e a Consuelo, a enfermeira.

Dar as grazas a estas dúas persoas polo seu bo facer e polo bo trato cara os rapaces e rapazas, xa que foi unha mañá do máis entretido.

Tags:

O curso pasado comezábamos unha nova andaina: a introdución ás competencias STEM. No presente curso afianzamos ditas competencias do seguinte xeito:

-Continuaciónn do proxecto de introdución á robótica en Primaria nos cursos de 4º, 5º e 6º.

-Creación do seu propio videoxogo a través do programa Scratch.

-Adquisición dunha impresora 3D, Voladd.

-Plan de Formación Permanente do Profesorado en robótica e impresión 3D.

-Uso do programa Thinkercad para o deseño de pezas en 3D.

Despois de dous períodos electorais, o CEIP As Nogais convocou un terceiro. Desta volta organizouse un proceso electoral para escoller a flor silvestre máis bonita.

O proceso tivo todo o que ten que ter. Primeiramente, unha carteira levou as notificacións aos membros da mesa electoral ( presidente e dous vogais).

Publicouse un censo electoral dos votantes, validado pola xunta electoral.

O xoves 2 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria dispou unha fermosa competición de baloncesto no pavillón municipal de Becerreá, dentro do programa XOGADE. A competición levouse a cabo durante toda a maña ata o mediodía, acadando un obxectivo común: a práctica dun deporte en equipo como fomento de valores saudables, sociais e de superación persoal.

O martes 21 de maio desprazámonos ata o CPI de Pedrafita do Cebreiro para asistir a unha sesión de contacontos, organizada pola editorial Kalandraka. Os nenos e nenas desfrutaron moito nesta actividade. Dar as grazas o CPI de Pedrafita pola invitación e pola atención recibida. Así seguro que voltaremos!

 Para festexar o día das nosas letras, este ano fixemos uns debuxos das flores silvestres do Calendario Estiño. Á volta da fin de semana realizaremos unha votación para escoller a palabra máis fermosa.

 

O mércores 15 de maio, desprazámonos ata a vila de Ribadeo e desfrutar das súas paisaxes e xentes.

Ao chegar, paseamos pola praia das Catedrais (tivemos sorte que a marea estaba subindo).

Continuamos o noso percorrido cun emocionante paseo en barco pola ría do Eo e pola ponte de todos os Santos. Visitamos os pobos de Castropol, Figueras e Ribadeo. Ata o patrón deixounos coller o timón!

Continuando coa práctica de xogos tradicionais, agora tocoulle a quenda dos birlos. O areeiro do colexio serviunos de espazo de xogo e alí amosaron as súas habilidades e destrezas neste deporte tradicional galego.

Chegando ao final do curso e aproveitando a boa climatoloxía, realizamos no areeiro diferentes xogos tradicionais, como o caliche.

Pero tamén fixemos outro tipo de xogos tradicionais galegos: o tirafungueiro e o varapau.

O mércores 8 de maio tivo lugar o correlingua 2019. O lugar escollido foi na praza de Santa María e a muralla romana de Lugo.

Nos días previos, traballamos moito para facer a nosa pancarta...

Distribuir contido