Complementarias
RECIBIMOS OS AGASALLOS DOS REIS MAGOS !!
Enviado por rceide o Sáb, 09/01/2021 - 18:29O pasado venres recibimos no cole unha grande sorpresa: O emisario dos Reis Magos visitounos cun montón de regalos para @s nos@s nen@s!!
Moitas grazas ao emisario (ou emisaria?) polo seu traballo e simpatía, e tamén ao Concello de As Nogais pola organización, por amosarlle o camiño ata o cole e axudarlle co transporte dos paquetes... Fíxonos moita ilusión!!!
Ata o vindeiro ano, Maxestades !!
VISITA MISTERIOSA...
Enviado por rceide o Dom, 20/12/2020 - 19:24Esta semana recibimos unha misteriosa visita dun emisario dos Reis Magos, que entregou a todos os nenos e nenas do cole unha mensaxe de parte das Súas Maxestades.
Encantounos a sorpresa !! Grazas ao emisario (ou emisaria?) pola súa visita, e ao Concello por indicarlle o camiño ata o noso cole.
Cal sería a mensaxe ??
VÍDEO DAS CABAZAS DO SAMAÍN
Enviado por rceide o Dom, 08/11/2020 - 13:18Ola familias,
neste vídeo recollemos as mellores fotos que nos enviáchedes coas vosas cabazas. Parabéns !! Sodes tod@s uns artistazas !!
Esperamos que vos guste !!
O DÍA DO SAMA-GOSTO
Enviado por rceide o Sáb, 31/10/2020 - 20:37Este curso as celebracións do Samaín e do Magosto, son un pouco especiais... como xa sabedes, a normativa COVID fai que teñamos que adaptar todas as actividades do cole pero eso non ía impedir que fose un día divertido e moi saboroso.
Pola mañá tivemos sesións de contacontos terroríficos! Bruxas, esqueletos, cabazas e ata un grúfalo apareceron entre as páxinas dos contos e historias que se escoitaron nas aulas de infantil e primaria.
Contos e algún que outro susto! O grupo de teatro da aula de 4º, 5º e 6º (coa axuda dalgún mestre rebuldeiro...) fixeron que levasemos uns sustos moi divertidos... e ademais o noso cole apareceu cheo de tas de araña, monstruos, morcegos...
OUTRA VACA NO MILLO !!
Enviado por rceide o Xov, 29/10/2020 - 21:36Hoxe recibimos a visita da ACEGA, a Asociación de Celíacos de Galicia, que a través da Vaca Paca e o programa "Outra vaca no millo !!, explicou as nenas e nenos de primaria en que consiste a enfermidade celíaca e moitas máis cousiñas interesantes sobre o gluten.
Agora xa coñecemos moito mellor esta intolerancia alimentaria !!
Gracias a ACEGA e a Dámaris pola súa visita segura e rigorosa co Protocolo!!!
AGASP propón un concurso de debuxo infantil
Enviado por sal o Ven, 03/04/2020 - 13:34A AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública) convoca un concurso de debuxo infantil. Animámosvos a participar e a desfrutar dun ratiño... pensando unha boa idea, facendo un boceto, levando a cabo o debuxo e facendo os retoques oportunos.
Na seguinte ligazón tedes máis información sobre o concurso.
Vídeo "un día na nosa corentena"
Enviado por sal o Ven, 27/03/2020 - 12:17ELABORACIÓN VÍDEO “UN DÍA NA NOSA CORENTENA”
Boas! On mestres e mestras do CEIP As Nogais pensamos en facer un pequeno vídeo como maneira de levar mellor este confinamento.