Complementarias

Sementar sementarei II

A segunda parte da actividade "Sementar sementarei", proposta polo GDR do Courel, levouse a cabo o venres día 20 de abril en Folgoso do Courel cunha ampla participación de escolares de concellos próximos.

A primeira actividade consistiu na creación dunha semente "xaponesa" empregando como material a arxila e unha landra.

Sementar sementarei...

O mércores 21 de marzo os nenos de 4º, 5º e 6º desprazáronse ata o concello de Bóveda para realizar as actividades nun viveiro propostas polo GDR Ribeira Sacra-O Courel.

A 1º actividade consistiu na construcción dunha pala cunha botella de plástico para plantar unha semente nunha maceta de papel, construida por eles mesmos.

A media mañá recibimos unha bolsa coa merenda.

Plantación de sementes

O luns 19 de marzo recibimos a visita de dous axentes forestais que nos aprenderon a diferenciar sementes e realizamos unha práctica de sementeira. Esperemos ver os cambios nun futuro próximo!

Actividades As Nogais-Pedrafita do Cebreiro

O mércores 14 e o xoves 15 de marzo o CEIP As Nogais e o CPI de Pedrafita do Cebreiro relizaron dúas actividades de maneira conxunta. 

O mércores 14 de marzo no colexio de As Nogais recibimos a visita do mago Jacobo, donde durante unha hora realizou diferentes trucos coa colaboración de grandes e pequenos. Para rematar realizou figuras con globos a todos os asistentes.

8 de marzo: Día Internacional da muller

O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller elaborando un mural sobre diferentes mulleres que destacan en diversos ámbitos.

Xornadas de baloncesto en Becerreá

O día 19 de febreiro os alumnos de 4º, 5º e 6º desprazáronse a Becerreá para participar nunhas xornadas de baloncesto xunto cos centros educativos de Becerreá, Cervantes, Navia e Pedrafita.

Pasárono xenial!

30 de xaneiro: Día da paz e da non violencia

O día 30 de xaneiro, o CEIP As Nogais conmemorou este día con varias actividades para toda a comunidade educativa.

Despois do recreo, realizamos unha carreira solidaria a favor da ONG Save the Children, no que os participantes buscaron patrocinadores para esta boa causa.

Primeiramente, fixeron un bo quencemento...

Os máis pequenos foron os primeiros en tomar a saída.

Entrega de diplomas e agasallos do concurso de postais do Concello

Pola mañá, membros do Concello das Nogais fixeron entrega de diplomas e agasallos aos nenos e nenas participantes no concurso de postais de Nadal organizado polo Concello.

Os reis deixaron agasallos para os nen@s...

As maxestades de Oriente deixaron agasallos para aos membros da comunidade do CEIP As Nogais e no primeiro día de curso do ano 2018 fixemos a entrega. Moitas grazas por lembrarse de nós.

Festival de Nadal 2017

O martes 19 de decembro de 2017 celebramos no CEIP das Nogais o festival de Nadal. Nesta ocasión contamos coa presentación dun programa informativo moi especial: "As Nogais Directo".

Neste programa tratáronse temas de actualidade como a independencia, os períodos de vacacións etc...

Entre nova e nova houbo tempo para diferentes actuacións:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer