Complementarias

Os mandados do noso cociñeiro: o mércores unha camisa.

Diputación de Lugo: Mar Interior

O xoves 20 de febreiro, desprazámonos ata a cidade de Lugo para descubrir o "Mar Interior". Unha exposición interactiva sobre o centro oceanográfico de Vigo.

Os mandados do noso cociñeiro: o martes algo na cabeza.

XOGADE 2020: tenis de mesa no IES de Becerreá.

O pasado xoves, realizamos unha xuntanza dos colexios da comarca no IES de Becerreá en torno ao tenis de mesa. Durante a mañá, os nenos e nenas desfrutaron deste divertido xogo.

Para rematar, entregáronselle unhas medallas aos participantes e realizamos a tradicional foto de grupo.

Os mandados do noso cociñeiro: o luns calzado diferente

Mandados de Entroido

Xa temos o Entroido á volta da esquina! Para ir quentando motores, deixámosvos a lista dos mandados, propostos polo noso cociñeiro, que teremos que cumprir para a próxima semana.

Pois esperamos que vaiades buscando as cousas máis chamativas e orixinais que teñades gardadas. Ata a semana!

Proxecto colaborativo: puzzles para tod@s.

Neste curso propoñemos un proxecto para todos os cursos: a construción duns puzzles.

O alumnado de 4º, 5º e 6º ten por diante o reto de montar un puzzle de 1000 pezas. Os de 1º, 2º e 3º teñen dous puzzles de 100 pezas e o alumnado de Infantil teñen puzzles de 25 pezas.

Ao final deste curso esperamos mostrarvos o resultado dos mesmos.

A cociñeira fálanos sobre os alimentos.

Unha clase diferente...iso foi o que fixemos no noso comedor para coñecer un pouco máis sobre a conservación dos alimentos, a hixiene necesaria para evitar enfermidades e outras informacións moi útiles que nos propiciou a nosa cociñeira, Bea. Un pracer de clase!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer