Complementarias

Samaín e magosto.

Hoxe, mércores 30 de outubro, celebraremos o samaín e o magosto no colexio. Para elo, elaboramos un mural: froitos de outono, bonecos feitos con froitos, animais decorados con follas secas...

Hoxe, comeremos empanada e chourizo con pan, cantaremos algunha canción de medo e realizaremos xogos, onde a castaña será a protagonista.

Paseo pola Ruta dos Soutos (As Nogais)

O mércores 23 de outubro todo o alumnado do centro realizou un paseo pola Ruta dos Soutos, situada no concello de As Nogais. Durante a camiñata á beira do río Navia, recolleron castañas e noces.

Gravación de Braulio Tuber (Os Bolechas): alimentación saudable.

 luns 14 de outubro recibimos a visita de Braulio Tuber, un dos integrantes da familia dos Bolechas. Entre todos e todas fixemos a gravación dun programa para a TVG sobre a alimentación saudable, que se emitirá no presente curso, pero aínda sen data confirmada.

Nos días previos á gravación, traballamos contidos relacionados coa alimentación, xa que elaboramos dous murais informativos (un en inglés e outro en galego).

Bonec@s

Para conmemorar o magosto e o samaín...este ano pensamos cambiar un pouquiño.

Aproveitando o libro de Antón Cortizas "Tastarabás", decidimos que este ano tocaba a creación duns bonecos e bonecas, pero empregando froitos de outono como base principal.

A ver con que nos sorprenden este ano...

Aquí déixovos unha mostra das imaxes desta fantástica enciclopedia de brinquedos tradicionais.

Festival Fin de Curso 2018/2019

Quedades todos e todas convidados para o venres! Imos despedir cun sorriso o curso!

Visita ao centro de día de As Nogais

O luns 17 de xuño, con motivo da próxima apertura do centro de día de As Nogais, Isabel e Olga invitáronnos a coñecer onde levarán a cabo o seu traballo. O centro está pegadiño ao colexio e ten capacidade para 10 persoas. Esperemos que lles vaia moi ben nesta nova andaina!

Moitas grazas pola invitación e polo aperitivo!

Charla sobre o oso pardo.

O luns 4 de xuño, unha representante da Fundación Oso Pardo, visitou o colexio para impartir unha charla sobre este animal autóctono da comarca dos Ancares.

Despois da proxeción dun vídeo, chegou o turno para as cuestións e as súas respostas.

Moitas grazas por vir!

Gala clausura do Conservatorio de Danza

O venres 7 de xuño desprazàmonos ata a cidade de Lugo para asistir à gala de clausura do Conservatorio de Danza. As butacas estaban cheas de nenos e nenas para desfrutar dun fermoso e traballado "show". Os artistas puxeron en escea "O libro màxico", unha montaxe de medo onde todos e todas demostraron as súas habilidades no mundo da danza.

Visita ao centro médico.

O mércores 5 de xuño, o alumnado de Educación Infantil e o de 1º, 2º e 3º visitaron o centro médico do pobo.

Esta visita está enmarcada dentro do proxecto trimestral "O noso corpo", deseñado pola mestra de Educación Infantil, María González.

No centro médico puideron vivenciar, tocar, preguntar sen reparo todas as dúbidas e intereses a Maribel, médica do centro, e a Consuelo, a enfermeira.

Dar as grazas a estas dúas persoas polo seu bo facer e polo bo trato cara os rapaces e rapazas, xa que foi unha mañá do máis entretido.

Eleccións 2019: flores silvestres

Despois de dous períodos electorais, o CEIP As Nogais convocou un terceiro. Desta volta organizouse un proceso electoral para escoller a flor silvestre máis bonita.

O proceso tivo todo o que ten que ter. Primeiramente, unha carteira levou as notificacións aos membros da mesa electoral ( presidente e dous vogais).

Publicouse un censo electoral dos votantes, validado pola xunta electoral.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer