Complementarias

XOGADE: baloncesto en Becerreá.

O xoves 2 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria dispou unha fermosa competición de baloncesto no pavillón municipal de Becerreá, dentro do programa XOGADE. A competición levouse a cabo durante toda a maña ata o mediodía, acadando un obxectivo común: a práctica dun deporte en equipo como fomento de valores saudables, sociais e de superación persoal.

Contacontos de Kalandraka en Pedrafita.

O martes 21 de maio desprazámonos ata o CPI de Pedrafita do Cebreiro para asistir a unha sesión de contacontos, organizada pola editorial Kalandraka. Os nenos e nenas desfrutaron moito nesta actividade. Dar as grazas o CPI de Pedrafita pola invitación e pola atención recibida. Así seguro que voltaremos!

Saída a Ribadeo.

O mércores 15 de maio, desprazámonos ata a vila de Ribadeo e desfrutar das súas paisaxes e xentes.

Ao chegar, paseamos pola praia das Catedrais (tivemos sorte que a marea estaba subindo).

Continuamos o noso percorrido cun emocionante paseo en barco pola ría do Eo e pola ponte de todos os Santos. Visitamos os pobos de Castropol, Figueras e Ribadeo. Ata o patrón deixounos coller o timón!

Saída ao Gadis do Polígono do Ceao (Lugo)

O martes 7 de maio, ás once da mañá, achegmonos ao Gadis do Polígono do Ceao en Lugo. Alí, durante unha hora aproximadamente, déronnos moitas e valiosas informacións: diferenzas entre a carne vermella e a carne branca, diferenzas entre o arroz integral e o "normal", explicación básica da pirámide dos alimentos...

Aprendemos moito e ben. E por riba, tamén nos deron un agasallo cunha pequena merenda.

Moitas grazas!

Educación sexual

Durante dúas horas, Estefanía foi a encargada de realizar unha charla sobre educación sexual aos nenos e nenas de 4°, 5° e 6°.

Nestas charlas falaron sobre o corpo do home e da muller, os seus cambios, as súas dúbidas...

Aprendemos moito!

Semana da árbore e da auga

A semana do 18 ao 22 de marzo, conmemoramos a semana da árbore e da auga. Traballamos nun novo mural no hall do colexio, plantamos unha nova árbore, chamada "wolly" e observamos todas as que temos no noso colexio.

Entroido 2019

O CEIP As Nogais celebrou a súa semana de Entroido facendo unha homenaxe ás señoras maiores do pobo. Durante toda a semana, cada día, trouxemos distintas prendas de roupa, para finalizar o venres cunha vestimenta "retro".

Tamén fixemos un percorrido polo pobo, acompañados polas familias e polo alumnado da casa niño de As Nogais.

 

Día de Rosalía de Castro

O venres 22 de febreiro, celebramos no colexio o día de Rosalía de Castro.

Os máis pequenos recitaron ao resto do colexio, con grande soltura, unha fermosa poesía da poetisa.

Para ver o vídeo, copia e pega a ligazón no navegador:

XOGADE: TENIS DE MESA EN BECERREÁ

O xoves 21 de febreiro celebrouse no pavillón do IES de Becerreá, un encontro dos centros da Comarca dos Ancares ao redor do tenis de mesa (XOGADE). Participaron sobre 70 nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Primaria dos centros: Pedrafita, Courel, Nogais, Navia, Becerreá, Cervantes e Baralla.

Desfrutaron dun día de competición amigable ao redor das mesas e xantaron xuntos nas instalacións do IES.

Visita á cidade de Lugo

O xoves 17 de xaneiro, xunto ao colexio de Pedrafita, visitamos a cidade de Lugo. A visita dividiuse en dúas partes:

Visionado da película "Ralph rompe Internet" nos cines do centro comercial Abella.

Visita ao museo da formiga en San Clodio (Outeiro de Rei).

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer