Complementarias

Celebramos o día da paz e non violencia.

O día 30 de xaneiro, celébrase a nivel mundial, o día da paz e non violencia. Nós non queremos ser menos e así o fixemos.

Nos días previos, elaboramos entre todos e todas un mural dun cociñeiro.

Nós, tamén elaboramos os ingredientes para que este cociñeiro mesture todo ben e faga un bo caldiño de paz.

Mural de inverno

Agora toca abrigarse e resgardarnos do frío que vai nesta estación do ano. No colexio quixemos recrear dita estación cun mural feito polos nenos e nenas do colexio. Espermos que vos guste!

Os reis magos pararon en As Nogais

O día 8 de xaneiro, comezamos un novo trimestre. Ao chegar, vimos un gran paquete preto da árbore de nadal. Ese paquete contiña os agasallos para os nenos e nenas do colexio, de parte das maxestades de Oriente.

Despedida do 2019 no colexio

Para despedir o 2019, no colexio prepearamos varias actividades:

Comezamos cun xogo de pistas por todo o colexio, no que os grupos (as mesas do comedor) tiñan que buscar pistas e unha letra en cada lugar. Ao final debían ordear todas as letras para formar unha palabara relacionada có Nadal.

De seguido, realizamos tres fantásticas actuacións, versionando cancións actuais, grazas á profesora de música, Bea.

Plan Director: tráfico, internet e a Garda Civil

O xoves 19 de decembro, dentro do Plan Director, visitáronnos 3 gardas civiles para dar a coñecer o seu traballo e todo o que conleva.

Primerio, falaron da seguridade vial e de todos os riscos aos que podemos poñer remedio.

Seguidamente, ofreceron os seus coñecementos sobre Internet e todo o que rodea á rede.

Ensináronnos un coche camuflado de tráfico.

Por último, nunha presentación, deron a coñecer todos os subgrupos que ten a Garda Civil e para que serven, poñendo o acento na axuda que lle prestan ao cidadán.

Visita ao Belén dos Ancares en Becerreá

O mércores 18 de decembro, o CEIP As Nogais trasladouse ata Becerreá para visitar o Belén dos Ancares. Este belén realizouno unha asociación de Becerreá no que representan oficios, paisaxes, esceas e costumes típicos da comarca dos Ancares. Un gran traballo a elaboración do mesmo!

Tarabelos: todos por igual

O martes 17 de decembro visitaron o noso colexio, o grupo Tarabelos. Estes dous rapaces fixeron dúas actividades moi interesantes.

A primeira consisitiu nun xogo cós poemas de Rosalía de Castro, onde os rapaces tiñan que escoitar a versión cantada e despois atopar unha fotografía sobre os temas do poema.

Na segunda actividade, realizaron un mural/cadro conxunto no que todo o mundo participou por igual e con respeto polas creacións dos demáis.

Semana de Nadal

Esta semana, chegou o Nadal ao noso centro...

Este ano decidímonos por un Nadal sostible e onde o alumnado involucrouse na súa elaboración.

Tamén, o alumnado trouxo unha postal e unha manualidade de creación persoal.

25 de Novembro: Día contra a violencia de xénero

O luns 25 de novembro conmemoramos no noso centro o día contra a ciolencia de xénero. Para elo, colaboramos na realización do proxecto #Equaliter. Este proxecto, ideado polo CEIP Aquilino Igleisa Alvariño de Abadín, máis concretamente pola súa directora, promove a realización de dunhas curtametraxes e dun mural identificativo (paxaro do twitter) entre diferentes centros da nosa Comunidade Autónoma. Aquí o podedes ver!

 

Samaín 2019

Para festexar o Samaín  e o Magosto de 2019, os rapaces e rapazas do CEIP As Nogais realizaron moitas actividades:

Comezaron cunha interpretación da canción "Tumbas, tumbas".

 

Despois de tanto esforzo, os nenos e nenas xa tiñan FAME de empanada e chourizo con pan e así fixérono saber.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer