Complementarias

8M: O DÍA DA MULLER

Como vimos facendo os outros 364 días, este 8 de marzo quixemos festexar e darlle visibilidade ó día da muller por riba doutros valores que tamén traballamos como a igualdade, o respeto, a tolerancia...

Dentro da hora de lectura na Biblioteca, as nenas/os a aula de 4º5º6º afondaron en libros e contos cos que coñeceron a importancia das mulleres en distintos eidos e ao longo da historia.

Na aula de 1º2º3º prepararon unha manualidade chea de flores coa que agasallaron á muller máis importante das súas vidas: as súas mamás.

SEMANA DO ENTROIDO

Como somos así de cumpridiños, os do cole de As Nogais obedecemos puntualmente os Mandatos do Meco e cada día puxémonos guapos e guapas para contentalo.

O luns, tocounos vir elegantes. Non foi difícil, pois xa decotío o somos...

 

O martes trouxemos un zapato de cada cor: vermello, azul, marrón... pero cada un os seus!!

Moi reventadiños chegamos á casa o mércores, tanto deporte fixemos que houbemos gastar o chan do patio...

RECIBIMOS OS AGASALLOS DOS REIS MAGOS !!

O pasado venres recibimos no cole unha grande sorpresa: O emisario dos Reis Magos visitounos cun montón de regalos para @s nos@s nen@s!!

Moitas grazas ao emisario (ou emisaria?) polo seu traballo e simpatía, e tamén ao Concello de As Nogais pola organización, por amosarlle o camiño ata o cole e axudarlle co transporte dos paquetes... Fíxonos moita ilusión!!!

Ata o vindeiro ano, Maxestades !!

VISITA MISTERIOSA...

Esta semana recibimos unha misteriosa visita dun emisario dos Reis Magos, que entregou a todos os nenos e nenas do cole unha mensaxe de parte das Súas Maxestades.

Encantounos a sorpresa !! Grazas ao emisario (ou emisaria?) pola súa visita, e ao Concello por indicarlle o camiño ata o noso cole.

Cal sería a mensaxe ??

 

VÍDEO DAS CABAZAS DO SAMAÍN

Ola familias,

neste vídeo recollemos as mellores fotos que nos enviáchedes coas vosas cabazas. Parabéns !! Sodes tod@s uns artistazas !!

Esperamos que vos guste !!

 

O DÍA DO SAMA-GOSTO

Este curso as celebracións do Samaín e do Magosto, son un pouco especiais... como xa sabedes, a normativa COVID fai que teñamos que adaptar todas as actividades do cole pero eso non ía impedir que fose un día divertido e moi saboroso.
Pola mañá tivemos sesións de contacontos terroríficos! Bruxas, esqueletos, cabazas e ata un grúfalo apareceron entre as páxinas dos contos e historias que se escoitaron nas aulas de infantil e primaria.

Contos e algún que outro susto! O grupo de teatro da aula de 4º, 5º e 6º (coa axuda dalgún mestre rebuldeiro...) fixeron que levasemos uns sustos moi divertidos... e ademais o noso cole apareceu cheo de tas de araña, monstruos, morcegos...

OUTRA VACA NO MILLO !!

Hoxe recibimos a visita da ACEGA, a Asociación de Celíacos de Galicia, que a través da Vaca Paca e o programa "Outra vaca no millo !!, explicou as nenas e nenos de primaria en que consiste a enfermidade celíaca e moitas máis cousiñas interesantes sobre o gluten.

Agora xa coñecemos moito mellor esta intolerancia alimentaria !!

Gracias a ACEGA e a Dámaris pola súa visita segura e rigorosa co Protocolo!!!

 

 

 

SAMAÍN NO CEIP AS NOGAIS

AGASP propón un concurso de debuxo infantil

A AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública) convoca un concurso de debuxo infantil. Animámosvos a participar e a desfrutar dun ratiño... pensando unha boa idea, facendo un boceto, levando a cabo o debuxo e facendo os retoques oportunos.

Na seguinte ligazón tedes máis información sobre o concurso.

Vídeo "un día na nosa corentena"

ELABORACIÓN VÍDEO “UN DÍA NA NOSA CORENTENA”

Boas! On mestres e mestras do CEIP As Nogais pensamos en facer un pequeno vídeo como maneira de levar mellor este confinamento.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer