Saída a Ribadeo.

O mércores 15 de maio, desprazámonos ata a vila de Ribadeo e desfrutar das súas paisaxes e xentes.

Ao chegar, paseamos pola praia das Catedrais (tivemos sorte que a marea estaba subindo).

Continuamos o noso percorrido cun emocionante paseo en barco pola ría do Eo e pola ponte de todos os Santos. Visitamos os pobos de Castropol, Figueras e Ribadeo. Ata o patrón deixounos coller o timón!

Para rematar o día, xantamos nun céntrico parque e xogamos un ratiño na tirolina. Pasámolo en grande.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer