Sementar sementarei...

O mércores 21 de marzo os nenos de 4º, 5º e 6º desprazáronse ata o concello de Bóveda para realizar as actividades nun viveiro propostas polo GDR Ribeira Sacra-O Courel.

A 1º actividade consistiu na construcción dunha pala cunha botella de plástico para plantar unha semente nunha maceta de papel, construida por eles mesmos.

A media mañá recibimos unha bolsa coa merenda.

A 2ª actividade consistiu en construir un comedeiro para paxaros empregando unha botella de plástico.

Para finalizar, decoraron unha gorra e unha mochila pequena. Tamén visitamos a aula natura do viveiro.

No mes de abril voltaremos para realizar máis actividades.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer