CERTAME DE DEBUXO E NARRATIVA DAS LETRAS GALEGAS - BIBLIOTECA DE AS NOGAIS

O pasado venres, 7 de maio, aproveitando que tiñamos que entregar os nosos traballos para o Certame de Debuxo e Narrativa do Día das Letras Galegas convocado pola Biblioteca de As Nogais, fixemos unha pequena excursionciña pola vila quenos encantou a tod@s.

O Concello, dan man do seu alcalde, concelleir@s, e resto de traballadores, invitounos a coñecer o seu edificio, e mesmo nos deixaron presidir o pleno de recollida dos nosos traballos, dirixidos pola nova alcaldesa provisional, a nosa compañeira María.

Cando rematou o "pleno", aproveitamos o día para merendar e xogar un pouquiño no parque da vila. Pasámolo xenial !!

Grazas ao Concello pola súa colaboración, e por algunha outra sorpresiña que nos teñen preparada... Seguiremos informando.

Apertas, familias!!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer