SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

No cole de As Nogais vimos de traballar coa "Semana da Prensa na Escola".

As nenas e nenos de 4º5º6º len todas as semanas o xornal, e traballan cuestións relacionadas coas novas que seleccionan... e esta semana dun xeito máis especial analizaron a prensa e as distintas seccións que inclúe.

Pola súa parte, na aula de 1º2º3º tamén analizaron as seccións que hai nos xornais e entre todos fixeron un xornal de aula seleccionando unha nova de cada sección. Recortaron e pegaron as novas escollidas e montaron a edición especial "Semana da Prensa do Cole das Nogais." Quedoulles ben chulo !!

Na aula de infantil fixemos unha pequena investigación sobre a prensa galega manipulando e observando as novas da semana en dous xornais: El Progreso e La Voz de Galicia. As seccións que máis nos chamaron a atención foron deportes, cultura e as de sucesos nas que case sempre se falaba de accidentes ou incendios.

E para rematar a semana realizamos unha obra de arte sobre papel de xornal, empregando témperas e pinceis gordiños. O noso debuxo libre convertirase nun mantel cheo de cor para as nosas merendas na aula. Somos uns artistas !!

Ata a próxima !!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer