Animación á lectura

Furgoteca

Mañá vén a Furgoteca ao cole!!!!

Paula, a bibliotecaria, virá acompañada da escritora Alba Carballal. Estarán con nós de 12:00 a 13:00 e será unha actividade aberta ao público, polo que os que queirades achegarvos ao centro, podedes facelo no horario da actividade.

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

No cole de As Nogais vimos de traballar coa "Semana da Prensa na Escola".

As nenas e nenos de 4º5º6º len todas as semanas o xornal, e traballan cuestións relacionadas coas novas que seleccionan... e esta semana dun xeito máis especial analizaron a prensa e as distintas seccións que inclúe.

Pola súa parte, na aula de 1º2º3º tamén analizaron as seccións que hai nos xornais e entre todos fixeron un xornal de aula seleccionando unha nova de cada sección. Recortaron e pegaron as novas escollidas e montaron a edición especial "Semana da Prensa do Cole das Nogais." Quedoulles ben chulo !!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA COMEZAR O ANO

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deséxavos FELIZ ANO! 
E para que pasedes uns días entretidos deixámosvos unhas recomendacións de lectura e algunha que outra sorpresa musical. Agardamos que vos gusten!!


PARA OS MÁIS PEQUENOS DO COLE


PARA PRIMEIROS LECTORES


E PARA LECTORES EXPERTOS


VÉMONOS NO 2021 !!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer