Dinamización da Lingua Galega
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA COMEZAR O ANO
Enviado por rceide o Xov, 31/12/2020 - 09:22O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deséxavos FELIZ ANO!
E para que pasedes uns días entretidos deixámosvos unhas recomendacións de lectura e algunha que outra sorpresa musical. Agardamos que vos gusten!!
PARA OS MÁIS PEQUENOS DO COLE
PARA PRIMEIROS LECTORES
E PARA LECTORES EXPERTOS
VÉMONOS NO 2021 !!
FELICITAMOS O NADAL AOS NOSOS VECIÑOS DO CENTRO DE DÍA
Enviado por rceide o Dom, 20/12/2020 - 12:26As nenas e nenos do CEIP As Nogais felicitaron o Nadal aos seus veciños do Centro de Día enviándolles unhas bonitas postais de Nadal que quixeron acompañar dun vídeo para que poidan poñerlles cara.
A comunidade educativa do cole pensamos que o cariño e o respeto aos maiores dalle valor á educación das nosas nenas e nenos.
Deixámosvos aquí o vídeo, esperamos que vos guste!! Ata a próxima!!
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA... TAMÉN EN GALEGO
Enviado por rceide o Mar, 03/11/2020 - 21:49Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de novembro como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, por iso, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia.
En consonancia con esta proposta, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego co obxectivo de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
Este ano, a Asemblea das Nacións Unidas decidiu declarar o 2020 como "Ano Internacional da Sanidade Vexetal" e por ise motivo optouse por homenaxear a dous científicos destacados neste eido: o galego Ernerto Vieitez Cortizo e o alemán Robert Koch.
17 de maio: día das letras galegas
Enviado por sal o Dom, 17/05/2020 - 10:00Día das letras galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero
O 17 de maio de 2020, as nosas letras homenaxean a Ricardo Carvalho Calero.
Leiras e marcos: o valor do rural na comarca dos Ancares.
Enviado por sal o Mar, 28/04/2020 - 15:12"LEIRAS E MARCOS"
É un espazo onde podedes ler e desfrutar das vivencias e reflexións dunha rapaza do noso concello que non teñen desperdicio ningún! Pasen e vexan: "leiras e marcos". O valor do rural na comarca dos Ancares!
Calendario Estiño 2020
Enviado por sal o Dom, 29/12/2019 - 21:29Pois aqui tedes o calendario Estiño para este 2020! Esperamos que vos guste! A nosa aportación realizouna Marcos de 6° no apartado das noces.
O CEIP As Nogais e o Nadal.
Enviado por sal o Mar, 17/12/2019 - 13:07O CEIP As Nogais quere felicitar as festas a todos os membros da comunidade educativa con esta postal realizada por Lucas de 5º de Educación Infantil.
Esperamos que desfrutedes moito e vémonos á volta en xaneiro.
Calendario Estiño 2019/2020
Enviado por sal o Mér, 20/11/2019 - 15:20Coma todos os anos, o noso centro participa na elaboración grupal do calendario proposto pola asociación pedagóxica Estiño.
Este ano a temática do calendario é referida aos froitas.
A nós, tocounos as noces e aquí podedes ver os finalistas. No momento da publicación do calendario saberemos que foi o/a escollido.
Bonec@s de Outono
Enviado por sal o Mar, 08/10/2019 - 22:38As familias e os nenos e nenas puxéronse mans á obra dun xeito moi eficiente e altamente creativo. Aquí poderedes ver todas as creacións e os seus autores e autoras. Noraboa polo bo traballo feito! Un verdadeiro pracer ter estes brinquedos de outono tan especiais!
Valeria. Educación Infantil 3 anos.
Xoel. Educación Infantil 3 anos.