Dinamización da Lingua Galega

Palabras no comedor

Durante todo o curso escolar, levamos a cabo o concurso "Palabras no comedor". Esta iniciativa, impulsada polo Equipo de dinamización da lingua galega e o comedor escolar, pretendeu achegar diversos contidos na lingua galega, mediante unha serie de cuestións semanais sobre un tema, feito ou personaxe.

No festival de fin de curso entregaranse os distintos agasallos aos premiados polo seu bo facer.

Primaria: 

1° Unai

2° Ismael

3° Lucìa Freijo

Infantil:

Todos os participantes levaràn agasallo.

 

Letras Galegas 2019: Antón Fraguas

 Para festexar o día das nosas letras, este ano fixemos uns debuxos das flores silvestres do Calendario Estiño. Á volta da fin de semana realizaremos unha votación para escoller a palabra máis fermosa.

 

Correlingua 2019: O galego é a fórmula.

O mércores 8 de maio tivo lugar o correlingua 2019. O lugar escollido foi na praza de Santa María e a muralla romana de Lugo.

Nos días previos, traballamos moito para facer a nosa pancarta...

Revista escolar: Pena de Airelas Nº 40

Como todos os anos, ao remate do curso escolar, aparece a revista do cole "Pena de Airelas". Aquí podedes botarlle unha ollada...

PENA DE AIRELAS Nº40

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer