Iniciar sesión: Acceso

Correlingua 2019: O galego é a fórmula.

O mércores 8 de maio tivo lugar o correlingua 2019. O lugar escollido foi na praza de Santa María e a muralla romana de Lugo.

Nos días previos, traballamos moito para facer a nosa pancarta...

Durante o correlingua, partimos a marcha dende a Praza de Santa María e camiñamos  pola muralla de Lugo ata regresar ao mesmo punto. Alí, regalaron agasallos para os colexios participantes, mostraron as pancartas realizadas e coma punto final, un pequeno concerto para animar a todo o mundo alí presente.

Todos estes actos leváronse a cabo tendo o galego como eixe fundamental.

LINGOA PROLETARIA DO MEU POBO

EU FÁLOA PORQUE SÍ, PORQUE QUERO,

PORQUE ME GOSTA ME PETA E DAME A GAÑA.

 

DEITADO FRONTE AO MAR.

CELSO EMILIO FERREIRO.